[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mazarico cincento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazarico cincento
Limnodromus griseus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Limnodromus
Especie: L. griseus
Nome binomial
Limnodromus griseus
(Gmelin, 1789)
Área de distribución de L. griseus En alaranxado: área de reprodución En amarelo: migración En azul: área de invernada
Área de distribución de L. griseus
En alaranxado: área de reprodución
En amarelo: migración
En azul: área de invernada

Área de distribución de L. griseus
En alaranxado: área de reprodución
En amarelo: migración
En azul: área de invernada
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
En plumaxe reprodutor

O mazarico cincento,[2] ou becacina cincenta,[3] Limnodromus griseus, é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das tres incluídas no xénero Limnodromus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome de Scolopax grisea.[4]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Limnodromus.

O epíteto específico, griseus, procede do latín vulgar e significa "cincento", "gris".[5]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense na especie as tres subespecies seguintes:[4]

  • Limnodromus griseus caurinus Pitelka, 1950
  • Limnodromus griseus griseus (Gmelin, 1789)
  • Limnodromus griseus hendersoni Rowan, 1932

Caracerísticas

[editar | editar a fonte]

É unha ave limícola de mediano tamaño, robusta, de peteiro longo e fino. A plumaxe dos adultos é de cor parda escura nas partes superiores e avermellada polas inferiores. A cola ten un padrón de barras negras e brancas. As patas son de cor amarelada.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese en Norteamérica, e pasa o inverno en América Central e a parte norte de Suramérica.[6]

É unha visitante accidental rara de Galicia.[3]

Esta especie prefire diversos hábitats como a tundra no norte, e as lagoas e lameiros no sur.

Esta especie e a moi similar a Limnodromus scolopaceus, que foron consideradas antes como unha única especie até que foron separadas en 1950.[7]

A identificación de campo destes dous Limnodromus é difícil, xa que distinguir os mazaricos cincentos invernantes ou xuvenís do mazarico escolopáceo non é nada doado, e mesmo examinando as súas formas corporais e tamaño de peteiro lixeiramente dirferentes non sempre se pode determinar a especie. Difiren máis substancialmente nas súas vocalizacións.[7][8]

As tres subespecies teñen lixeiras variacións no aspecto:

  • L. g. griseus ten o ventre branco e os flancos barrados.
  • L. g. hendersoni ten o ventre arrubiado e os flancos con pintas.
  • L. g. caurinus ten o ventre branco con flancos moi barrados e un peito densamente cheo de pintas.

Ningúnha delas combina o ventre avermellado e os flancos barrados da plumaxe reprodutora do Limnodromus scolopaceus (mazarico escolopáceo). A plumaxe invernal é principalmente cincenta. Esta ave pode ter unha lonxitude de entre 23 e 32 cm, unha envergadura alar de 46 a 56 cm e unha masa corporal de 73 a 155 g.[9]

A chamada que emite esta ave é máis suave que a do mazarico escolopáceo e é útil para a súa identificación, especialmente coas difíciles plumaxes de adulto.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de reprodución son pantanos, marismas mareais, chairas lamacentas ou claros de bosque ao sur da liña de presenza de árbores do norte de Norteamérica. L. g. griseus reprodúcese no norte do Quebec; L. g. hendersoni faino na parte central norte do Canadá, e L. g. caurinus no sur de Alasca e o sur de Yukon.

Estas aves aniñan no chan, xeralmente preto da auga. Os seus niños son depresións pouco fondas en moutas de herba ou musgo, que están forradas con herbas suaves, taliños e follas. Poñen catro ou ás veces tres ovos de cor de beixe oliva a marón. A incubación dura 21 días e fana ambos os sexos.

As aves xuvenís deixan o niño pouco despois de eclosionaren os ovos. Os papeis parentais non se coñecen ben, pero crese que a femia abandona o niño e deixa o macho atendendo aos polos, o cal se procura toda a súa comida.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Estas aves aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco fondas ou na lama. Comen principalmente insectos, moluscos, crustáceos e vermes mariños, pero tamén algo de materia vexetal.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que eta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerable baixo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Limnodromus griseus na Lista vermalla da UICN. Versiómn 2022-1. Consultada o 7 de decembro de 2022.
  2. Conde Teira, M. A. (1999): Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF) Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Chioglossa 1: 121-138.
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004): Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. 4,0 4,1 4,2 Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 6 de decembro de 2022.
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 179, p. 227. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Unión Ornitolóxica Internacional. Check-list of North American Birds. American Ornithologists' Union. 1998.
  7. 7,0 7,1 Kaufman, Kenn (1990): Kaufman Field Guide to Advanced Birding. Kaufman Field Guides. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0547248325.
  8. Paulson, Dennis R. (1993). Shorebirds of the Pacific Northwest. University of Washington Press. ISBN 978-0295977065. 
  9. CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992). ISBN 978-0-8493-4258-5.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]