Monte Siradella
Aparencia
O monte Siradella, con 166 metros de altitude, é o punto máis alto da península do Grove desde onde se domina coa vista a praia da Lanzada e boa parte do concello, xunto co Complexo Intermareal existente na zona.
No alto do monte sitúase un Aula da Natureza (Centro de Interpretación da Natureza), onde se mostra a riqueza ecolóxica do Complexo Intermareal, a través de paneis informativos, fotografías, restos óseos (de cetáceos e aves), cunchas, a maqueta dunha batea, etc.
No cumio pódese acceder ó miradoiro da Siradella, cunha plataforma sobre a pedra de numerosos penedos desgastados entre o que destaca a coñecida como "Pedra Cabaleira".
Nas inmediacións atópanse os restos dun antigo castro fortificado, non escavado.