[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Monopatín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monopatín

O termo monopatín refírese a unha táboa de madeira con catro rodas en parella que serve para practicar o deporte chamado skateboarding.

Para usalo débese montar de pé enriba del. Cada par de rodas ten un eixo que se suxeita cunha vásteza flexíbel lixeiramente inclinada á táboa, o que permite facer xiros por inclinación da táboa a un lado ou a outro, e o movemento de xiro suave dos eixos que leva consigo. A táboa ou monopatín serve para dar chimpos e distintos tipos de tricks (trucos), como por exemplo: kickflips, ollies, 180º...

Foi inventado en 1963 en Malibú (California, Estados Unidos), por Mickey Muñóz e Phil Edwards como substituto da táboa de surf en terra. Quitaron as rodas a uns patíns, puxéronllas a unha táboa de madeira e chamárono Surf Roll.