[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Mohamed Ghannouchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMohamed Ghannouchi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد الغنوشي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Sousse, Tunisia Editar o valor en Wikidata
Presidente da Tunísia (pt) Traducir
14 de xaneiro de 2011 – 15 de xaneiro de 2011
← Zine el-Abidine Ben AliFouad Mebazaâ (pt) Traducir →
Primeiro-ministro da Tunísia (pt) Traducir
17 de novembro de 1999 – 27 de febreiro de 2011
← Hamed Karoui (en) TraducirBeji Caid el Sebsi →
Minister of Finance (en) Traducir
20 de febreiro de 1991 – 9 de xuño de 1992
← Nouri Zorgati (en) TraducirNouri Zorgati (en) Traducir →
Minister of Industry (en) Traducir
3 de marzo de 1990 – 20 de febreiro de 1991
← Moncef Belaid (en) TraducirSadok Rabah (en) Traducir →
Minister of Industry (en) Traducir
3 de marzo de 1990 – 20 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTunis University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Premios

Mohamed Ghannouchi, grafado en árabe محمد الغنوشي, nado o 18 de agosto de 1941 en Sousse (daquela Tunisia Francesa), é un político tunisiano que foi primeiro ministro do seu país do 17 de novembro de 1999 ao 27 de febreiro de 2011 e presidente durante unhas horas o 14 de xaneiro de 2011, como consecuencia da revolta que depuxo o seu predecesor Zine El Abidine Ben Ali[1][2][3].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ghannouchi é un político longamente activo na historia de Tunisia. Afiliado ao Movemento Constitucional Democrático, foi elixido en repetidas ocasións como deputado do Parlamento de Tunisia, se ben as eleccións nunca foron completamente democráticas. De 1992 a 1999 foi ministro de Cooperación Internacional e Investimentos Estranxeiros no goberno de Hamed Karoui, e de 1999 a 2011 directamente primeiro ministro de Tunisia, elixido por Zine El Abidine Ben Ali[4].

En 2006, nun cable diplomático estadounidense filtrado en 2010 por Wikileaks, a Ghannouchi describíano como un político lixeiramente popular entre a poboación[5]. De perfil tecnócrata, era coñecido como "Monsieur Oui Oui" (señor si si) pola súa fidelidade ao presidente Ben Ali[6].

O 14 de xaneiro de 2011, e como consecuencia dunha revolta popular, viuse forzado a destituír os seus ministros e formar un novo goberno[7], á espera da convocatoria de eleccións parlamentarias en seis meses. Porén, horas despois, sen tempo para nomear goberno, o presidente Ben Ali saíu do país e esa mesma noite Ghannouchi anunciou na televisión estatal que asumía o control temporal do país ata a convocatoria de novas eleccións no prazo de dous meses.[8]

Á mañá seguinte, o Tribunal Constitucional de Tunisia declarou presidente interino o presidente do Parlamento, Fouad Mebazaa, seguindo o disposto na Constitución do país, co que Ghanouchi seguiu actuando unicamente como primeiro ministro, coa misión de formar un goberno de unidade nacional onde estivesen presentes representantes dos partidos da oposición legal[9].

  1. "Tunisia: President Zine al-Abidine Ben Ali forced out". bbc.co.uk. 14 January 2011. 
  2. Chrisafis, Angelique (14 January 2011). "Zine al-Abidine Ben Ali flees Tunisia as interim president takes control". guardian.co.uk.  "Ben Ali quits after 23 yrs in power & leaves Tunisia". alarabiya. 14 January 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2011. 
  3. "PM replaces Tunisia president". aljazeera. 14 Jan 2011. 
  4. TUNISIA - Mohamed Ghannouchi AllBusiness, 9 April 2001
  5. Black, Ian (15 January 2011). "Tunisia: The WikiLeaks connection". The Guardian. Consultado o 15 January 2011. 
  6. Hounshell, Blake. "Mr. Oui Oui takes charge". Foreign Policy. Consultado o 15 January 2011. 
  7. "Ben Ali dismissed the government". # Ennaharonline. 14 January 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 15 January 2011. 
  8. Kirkpatrick, David (14 January 2011). "Prime Minister Claims Power in Tunisia as President Flees". The New York Times. Consultado o 15 January 2011. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Primeiro ministro de Tunisia

Segue a:
Hamed Karoui
Mohamed Ghannouchi
Precede a:
Beji Caid el Sebsi
independente
Presiente de Tunisia (interino)

Segue a:
Zine El Abidine Ben Ali
Mohamed Ghannouchi
Precede a:
Fouad Mebazaa
independente