[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lion (filme de 2016)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lion
Ficha técnica
DirectorGarth Davis
ProdutorIain Canning, Angie Fielder, Emile Sherman
GuiónLuke Davies
Baseado enA Long Way Home de Saroo Brierley
IntérpretesDev Patel, Rooney Mara, David Wenham, Nicole Kidman
MúsicaVolker Bertelmann, Dustin O'Halloran
FotografíaGreig Fraser
MontaxeAlexandre de Franceschi
EstudioSee-Saw Films, Aquarius Films, Screen Australia, Sunstar Entertainment, The Weinstein Company
DistribuidoraThe Weinstein Company, Transmission Films
Estrea25 de novembro de 2016 Estados Unidos de América Estados Unidos; 27 de xaneiro de 2017 Galicia
Duración129 min.[1]
OrixeAustralia Australia,Estados Unidos de América Estados Unidos,Reino Unido Reino Unido
Xénerodrama biográfico
Orzamento12 millóns de $[2]
Recadación34 millóns de $[3]
Na rede
http://lionmovie.com/
IMDB: tt3741834 Filmaffinity: 812212 Allocine: 229070 Rottentomatoes: m/lion_2016 Mojo: lion Allmovie: v632870 TCM: 2032700 Metacritic: movie/lion TV.com: movies/lion
Twitter: lionmovie Netlix: 80108447 Editar o valor en Wikidata

Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016.[4] O filme foi estreado comercialmente nos Estados Unidos o 25 de novembro de 2016 por The Weinstein Company. En Galiza estreouse o 27 de xaneiro de 2017 coa dobraxe castelá[5].

O filme recibiu seis nomeamentos aos premios Oscar de 2017[6].

Saroo (Dev Patel) é un raparigo indio de cinco anos que vive na extrema pobreza con súa nai e mailo seu irmán máis vello nunha vila da India. Accidentalmente un día queda durmido nun tren e aparece perdido a centos de quilómetros da súa casa.

Despois de morar na rúa e de se enfrontar a numerosos desafíos, Saroo é adoptado por unha parella australiana, Sue (Nicole Kidman) e John Brierley (David Wenham). Dende aquela, vive en Australia e medra arrodeado dunha cultura diferente, lonxe das súas orixes. Vinte e cinco anos despois, o mozo decide localizar a súa verdadeira familia, embarcándose así nunha difícil viaxe cara ao seu pasado[7].

  • Dev Patel como Saroo Brierley
  • Nicole Kidman como Sue Brierley
  • Rooney Mara como Lucy
  • David Wenham como John Brierley
  • Nawazuddin Siddiqui
  • Priyanka Bose
  • Tannishtha Chatterjee
  • Deepti Naval
  • Divian Ladwa
  • Pallavi Sharda
  • Benjamin Rigby
  • Sachin Joab

Produción

[editar | editar a fonte]

O 24 de abril de 2013 anunciouse que Garth Davis faría o seu debut como director coa película biográfica de Saroo Brierley, baseada no seu libro de memorias A Long Way Home, para See-Saw Films e Sunstar Entertainment.[8] En maio de 2014 The Weinstein Company comprou os dereitos de distribución mundial do drama titulado Lion por 12 millóns de dólares.[9] Luke Davies adaptou o libro para a película; mentres que Screen Australia e Fulcrum Media Finance a co-financiarían, See-Saw, Sunstar e Aquarius Films produciríana. Iain Canning, Angie Fielder e Emile Sherman foron incluídos como produtores da cinta. En outubro de 2014 Dev Patel e Nicole Kidman foron incluídos ao elenco para interpretaren os papeis principais do filme.[10] En xaneiro de 2015 Nawazuddin Siddiqui, Priyanka Bose, Tannishtha Chatterjee e Deepti Naval sumáronse ao elenco.[11] En abril de 2015 así o fan Rooney Mara, David Wenham e Divian Ladwa.[12] Pallavi Sharda tamén se sumou ao elenco do filme, interpretando o amigo de Saroo.[13] Volker Bertelmann e Dustin O'Halloran compuxeron a banda sonora da fita.[14]

Recepción

[editar | editar a fonte]

O filme recibiu críticas mixtas despois da súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Toronto.[15][16] En Rotten Tomatoes posúe unha porcentaxe de aprobación de 69%, baseada en 16 críticas, cunha cualificación media de 6,3/10.[17] En Metacritic ten unha puntuación de 61 sobre 100, con base en 8 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».[18]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Premio Categoría Receptores Resultado Ref(s)
Premios Globo de Ouro de 2016 Mellor película dramática Garth Davis, Iain Canning, Angie Fielder, Emile Sherman Nomeado [19]
Mellor actor secundario Dev Patel Nomeado
Mellor actriz secundaria Nicole Kidman Nomeada
Mellor banda sonora Hauschka, Dustin Ou'Halloran Nomeada
Premio Categoría Receptores Resultado Ref(s)
Premios Oscar 2017[20]
[21]
Mellor actor secundario Dev Patel Candidato
Mellor actriz secundaria Nicole Kidman Candidata
Mellor guión adaptado Luke Davies Candidato
Mellor banda sonora Dustin O'Halloran e Hauschka Candidatos
Mellor fotografía Greig Fraser Candidato
  1. "Lion". Festival Internacional de Cinema de Toronto (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2016. 
  2. "Lion, Starring Dev Patel, Nicole Kidman, and Rooney Mara, Notches Four Golden Globe Nominations (Including Best Picture) and Zurich Film Festival Diversity in Film Award". Vanity Fair. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  3. "Lion (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  4. Jaafar, Ali (26/07/2016). Deadline Hollywood, ed. "Toronto To Open With ‘The Magnificent Seven’; ‘La La Land’, ‘Deepwater Horizon’ Among Galas & Presentations" (en inglés). Consultado o 30 xaneiro de 2017. 
  5. Estreas da semana. Lion a partir de 44m59s (Diario Cultural. Radio Galega) (Santiago de Compostela). 27/01/2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  6. Oscar.go
  7. Argumento do filme en Sensacine
  8. "Garth Davis to direct See-Saw’s Saroo Brierley biopic". Screen Daily. 
  9. "Cannes: 'King's Speech' Producers Snag $12 Million 'Lion' Deal With Weinstein Co.". The Hollywood Reporter. 
  10. "AFM: Dev Patel Attached to Star in The Weinstein Co.'s 'Lion' (Exclusive)". The Hollywood Reporter. 
  11. "Nicole Kidman, Dev Patel to Roar in India-set Survival Tale ‘Lion’". Variety. 
  12. "Rooney Mara Joins Nicole Kidman, Dev Patel in ‘Lion’". Variety. 
  13. "Pallavi Sharda in Dev Patel, Nicole Kidman starrer ‘Lion’". 
  14. «Dustin O'Halloran & Hauschka Scoring Garth Davis's Lion».
  15. «Nicole Kidman says adopting helped as Lion movie gets early mixed reviews».
  16. «Kidman's Lion scores mixed reviews» Arquivado 18 de outubro de 2016 en Wayback Machine..
  17. «Lion (2016)».
  18. «Lion reviews».
  19. «Winners & Nominees 2017 (Golden Globe Awards)» (en inglés). 12 de decembro de 2016. 
  20. Nordyke, Kimberly (24 de xaneiro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 'La La Land' Ties Record With 14 Nominations". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  21. "Oscar Nominations: Complete List". Variety. 24 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.