Linguas ryukyuanas
Linguas ryukyuanas 琉球語派 Ryūkyū-goha | ||
---|---|---|
Falado en: | Illas Ryukyu | |
Rexións: | Asia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Illada Xapónico Linguas ryukyuanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas ryukyuanas (琉球語派 Ryūkyū-goha?) son as linguas indíxenas das illas Ryukyu faladas polo pobo ryukyu, que se atopan na zona máis meridional do arquipélago xaponés.[1][2] Xunto coa lingua xaponesa e a hachijō, conforman a familia das linguas xapónicas.[1][2] Malia que as linguas ryukyuanas foron consideradas dialectos do xaponés, non son mutuamente intelixibles co xaponés ou mesmo entre elas. Non se coñece cantos falantes hai destas linguas, mais a substitución cara ó uso do xaponés estándar e dialectos como o xaponés de Okinawa fixeron que estas linguas estean en perigo; a UNESCO identifica catro destas linguas "definitivamente en perigo",[3][4][5][6] e dúas outras "gravemente en perigo".[7][8]
Resumo
[editar | editar a fonte]A nivel fonolóxico, as linguas ryukyuanas teñen algunhas características infrecuentes. As variedades do sur contan con varias consoantes silábicas, entres as que se atopan fricativas silábicas xordas (v.g., /kss/ [ks:], "peito", na lingua miyako). Son comúns as consoantes glotais (como /ʔma/ [ʔma], "cabalo", na lingua amami). Algunhas linguas ryukyuanas teñen vogais fonémicas centrais (/kɨɨ/, "árbore", tamén en amami). Do mesmo xeito ca o xaponés estándar e a meirande parte dos dialectos nipóns, moitas das linguas ryukyuanas posúen un acento tonal contrastivo.[2]
En xeral, as linguas ryukyuanas teñen unha estrutura SOV, ao igual que o xaponés.[1][2]
Clasificación e variedades
[editar | editar a fonte]As linguas ryukyuanas pertencen á familia lingüística xapónica e están relacionadas coa lingua xaponesa.[9] As linguas ryukyuanas non son mutuamente intelixibles co xaponés, e de feito, non son mutuamente intelixibles entre elas, polo que poden ser consideradas linguas diferentes.[9] Porén, por razóns sociopolíticas e ideolóxicas, teñen sido clasificadas como dialectos do xaponés.[9]
A lingua okinawana é tan só un 71% semellante no léxico ó xaponés de Toquio. Mesmo o máis meridional dos dialectos xaponeses (o dialecto Kagoshima) ten só un 72% de semellanza coa máis setentrional das linguas ryukyuanas, a lingua amami. Porén, o dialecto Kagoshima do xaponés é un 80% semellante lexicamente ó xaponés estándar.[10]
A partir da década de 1890, o goberno xaponés comezou a oprimir as linguas ryukyuanas como parte da súa política de asimilación forzada das illas. Dende o comezo da segunda guerra mundial, a meirande parte dos xaponeses consideran as linguas ryukyuanas como un dialecto ou grupo de dialectos do xaponés. Durante a segunda guerra mundial, nun esforzo por facer conciencia na xente como suxeitos do Imperio do Xapón, non só o grupo ryukyuano, senón tamén o coreano, o palauano e outras linguas foron chamadas "dialectos" do xaponés.[11]
Existe un acordo xeneralizado entre os estudosos de que as variedades ryukyuanas poden ser divididas en seis linguas, conservadoramente,[12] sendo os dialectos de cada illa ás veces considerados tamén propiamente linguas.
Lingua | Nome local | Distribución xeográfica | Dialecto estándar | ISO 639-3 |
---|---|---|---|---|
Kikai | Shimayumita (しまゆみた) | Kikaijima | N/A | kzg |
Amami | Shimayumuta (島口/シマユムタ) | Amami Ōshima e illas menores achegadas | Naze | ams, ryn |
Tokunoshima | Shimayumiita (シマユミィタ) | Tokunoshima | Tokunoshima | tkn |
Okinoerabu | Shimamuni (島ムニ) | Okinoerabujima | N/A | okn |
Yoron | Yunnu Futuba (ユンヌフトゥバ) | Yoronjima | Yoron | yox |
Kunigami | Yanbaru Kutuuba (山原言葉/ヤンバルクトゥーバ)[13] | Norte da illa de Okinawa (rexión de Yanbaru), e illas menores achegadas | Nago | xug |
Okinawano | Uchinaaguchi (沖縄口/ウチナーグチ) | Centro e sur da illa de Okinawa e illas menores achegadas | Tradicionalmente Shuri, moderna Naha | ryu |
Miyako | Myaakufutsu (宮古口/ミャークフツ)[14] Sumafutsu (島口/スマフツ) |
illas Miyako | Hirara | mvi |
Yaeyama | Yaimamuni (八重山物言/ヤイマムニ) | illas Yaeyama (agás Yonaguni) | Ishigaki | rys |
Yonaguni | Dunan Munui (与那国物言/ドゥナンムヌイ) | Illa de Yonaguni | Yonaguni | yoi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Heinrich, Miyara e Shimoji (ed.). "Handbook of the Ryukyuan Languages: History, Structure, and Use". www.degruyter.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Pellard, Thomas; Shimoji, Nichimori (eds.). "An Introduction to Ryukyuan Languages" (PDF) (en inglés). Consultado o 05-03-2024.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 (Shimoji & Pellard 2010, p. 1)
- ↑ 沖縄語辞典 (Dicionario okinawano). "前書き" (Prefacio). 国立国語研究所 1998
- ↑ Jpri.org, ed. (15 de maio de 1972). "JPRI Occasional Paper No. 8". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ 言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands). 三省堂 1997
- ↑ 沖縄言語研究センター. "今帰仁方言音声データベース ヤンバルクトゥーバ". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2014.
- ↑ 沖縄言語研究センター. "宮古方言音声データベース ミャークフツ". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linguas ryukyuanas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sanseido (1997). 言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands).
- Ashworth, D. E. (1975). A generative study of the inflectional morphophonemics of the Shuri dialect of Ryukyuan. Thesis (Ph. D.)—Cornell University, 1973.
- Heinrich, Patrick (2004): Language Planning and Language Ideology in the Ryūkyū Islands, in: Language Policy 3.2, (2004): 153-179.
- Heinrich, Patrick, Shinsho Miyara, Michinori Shimoji, eds. 2014. Handbook of the Ryukyuan Languages. Berlin: de Gruyter.
- Serafim, L. A. (1985). Shodon: the prehistory of a Northern Ryukyuan dialect of Japanese. [S.l: s.n.
- Shimabukuro, Moriyo. 2007. The accentual history of the Japanese and Ryukyuan languages: a reconstruction. Languages of Asia series, v. 2. Folkestone, Kent: Global Oriental. ISBN 978-1-901903-63-8
- Uemura, Yukio, e Wayne P. Lawrence. 2003. The Ryukyuan language. Endangered Languages of the Pacific Rim (Series), A4-018. Osaka, Xapón: ELPR.