[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lingua arbëreshë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arbëreshë
Pronuncia:[ˌaɾbəˈɾiʃt]
Outros nomes:Arbërisht
Falado en: Italia
Total de falantes: 100 000 (2007)
Familia: Indoeuropea
 Lingua albanesa
  Albanés tosk
   Arbëreshë
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aae
Mapa
Status

O arbëreshë está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O arbëreshë é unha variedade lingüística da lingua albanesa, que pertence ao dialecto tosco e que fala o pobo arbëreshë no sur de Italia, que emigrou dende Albania. Tamén se pode clasificar como unha lingua independente por razóns sociolingüísticas.

Aínda que xa algúns grupos de albaneses chegaran ao sur de Italia entre os séculos XIII e XV vai ser tras a invasión otomá de Albania e durante tres séculos entre 1468 ata 1744 cando a migración albanesa funda comunidades propias en Puglia, Calabria, Sicilia e Campania sobre todo.

Falantes e distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O arberëshë está presente en 55 concellos do sur de Italia, deles 33 en Cosenza (Calabria), habitados por 122.000 persoas, delas arredor do 70% teñen como lingua materna o arberëshë, aproximadamente uns 100.000 falantes, contando os que viven fóra dos concellos albanofalantes.

  • Calabria: 60.000
  • Sicilia: 33.000
  • Molise: 14.000.

Fóra das vilas arbereshe hai falantes en Milán, Turín, Roma, Nápoles, Bari, Cosenza, Crotone e Palermo fóra de Italia en Suíza, Alemaña, os Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e o Brasil, formadas durante a emigración masiva aos centros industriais entre 1950 e 1970, no que se calcula que as vilas albanesas perderon un 20% da poboación neses anos.
Hai outros 40 concellos no que aínda que a poboación é de orixe albanesa, a lingua perdeuse hai varias xeracións, neste concellos viven 182.000 persoas.

[editar | editar a fonte]

O arbëreshë é unha das 12 linguas recoñecidas e protexidas pola lei nacional 482/1999 de recoñecemento das minorías.
A nivel rexional o albanés goza dalgún recoñecemento nos estatutos de autonomía de Calabria, Basilicata e Molise e nalgunhas comunas as autoridades locais apoian actividades lingüísticas e teñen sinalamentos bilingües.

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Aínda que durante a segunda metade do século XIX se crearon numerosos xornais e revistas en albanés, e mesmo o primeiro xornal en albanés editouse en Italia, as publicacións albanesas en Italia, na actualidade, teñen un carácter moi local, producidas dun xeito artesanal, con escasa profesionalización e medios e unhas poucas reciben un pequeno subsidido das autoridades locais de Calabria.

  • Katundi Ynë (O Noso País ) Órgano do Circolo Culturale "G. Placco" de Civita. Trimestral. É a publicación máis difundida entre os arbëreshë. Fundouse en 1970 e a súa tiraxe é de 3500 exemplares, pero só un 25% do seu contido está en arbëreshë.
  • Riljndia Jug: aparecen algúns artigos en arbëreshë
  • La Provincia Cosentina: publícase os venres un artigo semanal bilingüe arberesh-italiano dende o 16 de abril de 2004.
  • La Gazzetta di Mezzogiorno publica un suplemento, a metade en albanés destinado aos lectores de Albania dando información sobre os arbëreshë.

As emisoras locais privadas Radio Libera Skanderbeg e Radio Shpresa Europa 1 emiten algúns programas con apoio esporádico de autoridades locais.
Hai grupos de música tradicional como Moti i Parë de Lungro, grupos de rock como Spasulati Band de Santa Sofia d'Epiro, cantantes pop como Pino Cacozza, e existe un festival anual da canción arbëreshe (Festivali i Këngës Arbëreshe).

Hai ensino voluntario de arbereshe en 17 centros de primaria, no Instituto de San Demetrio Corone (CS) e nas Universidades de Calabria, Nápoles, Bari, Palermo e La Sapienza de Roma.

Literatura

[editar | editar a fonte]

A literatura albanesa en Italia comeza con Luca di Matranga (1567-1619), autor das primeiras poesías relixiosas en albanés (1592). A obra literaria máis antiga é á súa obra Gjella e Shën Merise (A vida da Virxe María, 1762) de Jul Variboba, que é a obra máis orixinal da literatura albanesa antiga. A literatura arbëreshë forma parte da literatura albanesa, boa parte dos autores anteriores ao século XX procedían da diáspora, en especial de Italia e polo tanto a fala arbëreshë tivo un papel sobranceiro como fonte de arrequecimento lexical da lingua literaria albanesa. No Colexio Grego de Roma e nos dous colexios destinados á formación dos cregos albaneses, un en Calabria e outro en Sicilia, formáronse todos os intelectuais albaneses do século XVIII, e durante todo o período os escritores e poetas mantiveron como fonte de inspiración o motivo relixioso popular.

Girolamo De Rada (1814-1903), considérase o iniciador da literatura albanesa moderna, coa súa obra Os cantos de Milosao, publicado no 1836, que é o gran poema do romantismo en albanés. Skanderbeku i pafan é a súa outra grande obra, os motivos presentes no seu traballo son o renacemento do pobo albanés e a independencia da Patria Nai, Albania, arriquecidos polo interese polo estudo da lingua albanesa e pola conservación da tradición popular. Baixo a guía de De Rada constitúese un grupo de intelectuais italo-albaneses que buscan reforzar a identidade arbëreshë e a súa relación con Albania, Vincenzo Dorsa, Giuseppe Serembe, Angelo Basile e Gabriele Dara son os principais autores. Giuseppe Schirò (1865-1927), participa tamén activamente no rexurdimento albanés. Na primeira metade do século XX prodúcese a decadencia da literatura en albanés, tan só coa fin da segunda guerra mundial actívase, sobre todo dende os anos 60, con autores como Giuseppe Schirò Di Maggio, Giuseppe Schirò Di Modica, Antonino Guzzetta, Giuseppina Demetra Schirò, Mario Bellizzi, Giuseppe Del Gaudio, Enza Scutari, Luis De Rosa, Angelo Matrangolo, Pasquale Renda ou Dushko Vetmo.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Babiniotis, Georgios (1985): Συνοπτική Ιστορία της ελληνικής γλώσσας με εισαγωγή στην ιστορικοσυγκριτική γλωσσολογία. ["A concise history of the Greek language, with an introduction to historical-comparative linguistics] Athens: Ellinika Grammata.
  • Babiniotis, Georgios (1998), Λεξικό της Νέας Ελληνικής Γλώσσας ["Dictionary of Modern Greek"]. Athens: Kentro Lexikologias.
  • Breu, Walter (1990): "Sprachliche Minderheiten in Italien und Griechenland." ["Linguistic minorities in Italy and Greece"]. In: B. Spillner (ed.), Interkulturelle Kommunikation. Frankfurt: Lang. 169-170.
  • GHM (=Greek Helsinki Monitor) (1995): "Report: The Arvanites". Online report Arquivado 03 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
  • Hammarström, Harald (2005): Review of Ethnologue: Languages of the World, 15th Edition. LINGUIST List 16.2637 (5 Sept 2005). Online article Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. Vol. II. Livadia: Exandas, 1999 PDF Arquivado 05 de marzo de 2009 en Wayback Machine..
  • Η Καινή Διαθήκη στα Αρβανίτικα: Διάτα ε Ρε ['The New Testament in Arvanitika']. Athens: Ekdoseis Gerou. No date.
  • Kloss, Heinz (1967): "Abstand-languages and Ausbau-languages". Anthropological linguistics 9.
  • Salminen, Tapani (1993–1999): Unesco Red Book on Endangered Languages: Europe. [1].
  • Strauss, Dietrich (1978): "Scots is not alone: Further comparative considerations". Actes du 2e Colloque de langue et de littérature écossaises Strasbourg 1978. 80-97.
  • Thomason, Sarah G. (2001): Language contact: An introduction. Washington: Georgetown University Press. Online chapter
  • Trudgill, Peter (2004): "Glocalisation [sic] and the Ausbau sociolinguistics of modern Europe". In: A. Duszak, U. Okulska (eds.), Speaking from the margin: Global English from a European perspective. Frankfurt: Peter Lang. Online article