[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Lingua newari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Newari
नेपाल भाषा
Outros nomes:Nepal Bhasa
Falado en: Nepal
Total de falantes: 1,4 millóns (2011)
Familia: Sino-tibetana
 Newárico
  Newari
Escrita: Devanágari, antigamente varios alfabetos newari
Status oficial
Lingua oficial de: Sikkim, India India[1]
Regulado por: Academia Nepal Bhasa
Nepal Bhasa Parishad
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: new
Mapa
Status

O newari está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O newari ou Nepal bhasa (नेपाल भाषा, tamén coñecido como newah bhaye) é unha das linguas máis importantes do Nepal. É unha das case cincocentas linguas sino-tibetanas existentes actualmente, e pertence ao ramo tibeto-birmanés desta familia. É a única lingua tibetano-birmanesa a ser escrita no sistema devanágari. Conta aproximadamente cun millón de falantes no Nepal, na India e no Bután.

Sistema de escrita

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, o bhasa ten sido escrito de moitas formas. Os sistemas principais son o ranxana, o prachalit, o brahmi e o golmol, usados máis frecuentemente. Todos os sistemas son escritos da esquerda para a dereita, e consisten de dous conxuntos separados de letras: un de vogais e outro de consoantes. O brahmi é o sistema máis antigo, e todos os outros derivan del.

O devanágari é o sistema máis empregado no presente, unha vez que é o sistema oficial do Nepal, ben como na veciña India. O sistema ranxana foi o máis usado en tempos antigos, e hoxe está experimentando unha especie de renacemento, debido á maior consciencia cultural. O sistema prachalit, sendo semellante ao debanagari, tamén é usado. Actualmente os sistemas brahmi e golmol raramente son usados.

Dialectos e influencia

[editar | editar a fonte]

Hai cinco dialectos importantes: o yen-yala, o khwapa, o pahari, o dolakha e o chitlang. Alén destes dialectos, hai algúns poucos subdialectos falados no vale de Katmandú e outras partes do Nepal. Estes subdialectos son falados nas aldeas adxacentes a Katmandú, como Patan, Bhaktapur, Chitlang e Dolakha. O dialectos falado en Bandipur é a forma arcaica do bhaaye de Khwapa. O dialecto falado en Chaínpur, Bhoxpur, Terathún e en Palapa é relacionado ao de Katmandú e ao de Patan. O dialecto falado en Ridí, Baglung e Arughat é máis próximo ao de Bhaktapur.

  1. Sonam Wangdi (13 de outubro de 2009). "Nepali Language in the Eighth Schedule of Constitution". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2010. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]