[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

O detective Conan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O detective Conan
{{{caption}}}
名探偵コナン
(Meitantei Conan)
XéneroMisterio, ficción detectivesca, aventuras, drama, comedia, romance
Manga O detective Conan
Creado por Gosho Aoyama
Editor Shonen Sunday
Publicado en Shogakukan
Primeira edición 1994
Última edición actualidade
Núm. de volumes 106 (lista de volumes)
Anime O detective Conan
Dirixido por Kenji Kodama, Yasuichiro Yamamoto
Estudio TMS Entertainment
Canle televisiva NTV, Yomiuri TV, Animax
Primeira emisión 8 de xaneiro de 1996
Galicia 10 de abril do 2006[1]
Última emisión actualidade
Galicia actualidade
Núm. de capítulos 350[2]; +1000[3]

O detective Conan (名探偵 コナン Meitantei Conan?) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón.

O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV.

No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos. Ata o de agora saíron 90 tomos. Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación en España, mais faino unicamente na lingua castelá (e catalán soamente en Cataluña). Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, Volume 1 e Volume 2 de 13 e 81 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufriu xa diversas ampliacións tras o número inicial. Dado o éxito a colección Volume 1 reeditouse novamente tempo despois.

O 2 de outubro de 2006 foi lanzada a primeira saga de O detective Conan con actores reais, titulada O detective Conan Drama. O segundo drama foi estreado o 7 de decembro de 2007. Contou cunha terceira e unha cuarta parte, así como tamén dunha serie de 13 episodios situada antes do argumento da serie orixinal.

En Galicia, o anime lanzouse ao ar o 10 de abril do 2006 na Televisión de Galicia, dentro do contedor xuvenil Xabarín Club chegando a se emitiren 300 episodios tras varias reposicións. O 2 de febreiro do 2009 a serie pasou a se reemitir dende o principio na nova canle galega G2, na grella de luns a venres, ao mediodía e no serán. Por outra banda, no Nadal do ano 2007-2008, saíron á venda dous DVDs da serie con varios capítulos da mesma. Durante os anos 2012 e 2013 emitíronse as oito primeiras películas da serie en galego.

Chámome Shinichi Kudo. Aínda vou ao instituto pero xa teño resoltos unha chea de delitos. O último caso, un homicidio na montaña rusa, resolvino con facilidade, pero os dunha organización ilegal déronme un veleno e agora estou nun apuro. Ran, que vai ser de min!

Deste xeito comeza o argumento central desta historia, na que Shinichi Kudo, un detective de instituto de 17 anos, é encollido por mor dunha droga experimental que lle dá unha organización formada por uns misteriosos Homes de Negro ao ser descuberto mentres os estaba a espreitar no momento en que realizaban un sospeitoso intercambio. Os confiados Homes de Negro, Gin e Vodka, crendo que o veleno acabaría por matar a Shinichi, déixano agonizando na escuridade da noite pero, lonxe de morrer, Shinichi convértese nun rapaz de 7 anos.

Chámome Conan Edogawa, antes Shinichi Kudo, alumno de instituto ao que lle deron un bebedizo que o encolleu. Sería perigoso que a organización soubera que somos a mesma persoa. O único que o sabe é o doutor Agasa. Baixo unha identidade falsa Conan demóstrao unha vez máis. Verdade non hai máis ca unha!

Desorientado e sen saber moi ben que facer, Shinichi vai buscar axuda á casa do seu veciño e amigo, o profesor Agasa. Sorprendido polos efectos secundarios desa estraña droga experimental, Agasa aconséllalle que oculte a súa verdadeira identidade para que as persoas que lle rodean non corran perigo. Así, adopta o pseudónimo Conan Edogawa (Conan, saído de Arthur Conan Doyle e Edogawa, de Rampo Edogawa) e preséntase ante Ran Mouri, a súa mellor amiga, co obxectivo de investigar e dar co paradoiro da Organización dos Homes de Negro xa que seu pai, Kogoro Mouri é un sobranceiro detective privado.

Por moi difícil que resulte, non hai caso que se me resista. A verdade sempre sae á luz. Podo parecer un cativo, pero teño o caletre dun adulto. Son, o detective Conan!

Mentres espera con inquietude a aparición de calquera pista que lle conduza ata a Organización, Conan non poderá evitar resolver a través de Kogoro unha morea de delitos e asasinatos que se van producindo, a esgalla, ao seu arredor. Tanto é así, que o inepto detective vai collendo fama coas súas resolucións. En varias ocasións, Conan está a piques de obter algunha información relevante sobre a organización, coma o lugar onde parece ser que se reunían os Homes de Negro (O Bar Cocktail, que finalmente estoupa por mor dunha bomba que puxeran os propios Homes de Negro para borrar as súas pegadas), ou a información da composición da droga APTX 4869, incluída nun disquete que acaba nas mans do inspector Sango Yokomizo como proba dun asasinato.

No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, desde 1994 e superou xa a cantidade de 900 capítulos. Ata o 18 de agosto de 2015 saíron 87 tomos.

Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación en España e unicamente na lingua castelá (e en catalán soamente en Cataluña). Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, o Volume 1 (os 130 primeiros capítulos) e o Volume 2 (capítulos 131-828) de 13 e 81 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufriu xa diversas ampliacións tras o número inicial. Dado o éxito a colección Volume 1 reeditouse novamente hai pouco. Ademais existe outra colección (allea á principal), o "Volume Especial" (de 31 tomos); nesta última colección asistimos a casos que se lle presentan a Conan para investigar, pero non achegan ningún acontecemento importante que afecte a trama principal. Unha nova edición da serie regular, que fusiona dous tomos nun só, saíu ao mercado no 2011.

O detective Conan é unha serie animada creada a partir do manga ideado por Gosho Aoyama do mesmo nome. Como adaptación ao celuloide, conserva moitas similitudes coa súa versión en papel, aínda que tamén hai diferenzas de menor grao dentro da trama.

No Xapón o anime estreouse o 8 de xuño do 1996, chegando a emitirse semanalmente ata acadar máis de 830 episodios a día de hoxe, e aínda se segue a emitir cada sábado na Yomiuri TV.

En España dobrouse en lingua castelá, en catalán (con dobraxes en catalán central, en valenciano e en balear), en éuscaro e por suposto, en galego grazas á distribuidora Arait Multimedia. Acadou éxito especial en todas estas dobraxes, emitindo gran número de episodios e, asemade, dobrando varias das súas películas.

En Galicia o anime lanzouse ao ar o 10 de abril do 2006 na Televisión de Galicia, dentro do contedor xuvenil Xabarín Club chegando a emitiren 300 episodios tras varias reposicións. O 2 de febreiro do 2009 a serie pasou a se reemitir dende o principio na nova canle galega, a G2, na grella de luns a venres, ao mediodía e no serán. Na tvG2, durante o 2012 e o 2013 emitíronse os oito primeiros filmes da serie.

Dobraxe ao galego

[editar | editar a fonte]
  • Estudio: Sodinor S.A. (Vigo, episodios 001-300), Babalú Vox (A Coruña, episodios 301-332), Cinemar Films (Santiago de Compostela, episodios 333-350)
  • Data: 2006-2007; 2011-2013; 2020.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos (001-300), Manuel Arca Castro (301-350)
  • Dirección: Matías Brea e Alfonso Valiño (001-300) / Charo Pena (301-350)
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi
Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama
Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya
Juzo Megure (eps. 001-300) Alfonso Valiño Furin Cha
Juzo Megure (eps. 301-347) Antón Rubal Furin Cha
Hiroshi Agasa (eps. 001-300) Paco Barreiro Kenichi Ogata
Hiroshi Agasa (eps. 301-336) Tacho González Kenichi Ogata
Genta Kojima Antonio Rey Wataru Takagi
Ayumi Yoshida Marián Muíño Yukiko Iwai
Mitsuhiko Tsuburaya (eps. 001-298) Patricia de Lorenzo Ikue Ootani
Mitsuhiko Tsuburaya (filmes + eps. 301-347) Montse Davila Ikue Ootani
Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsuio
Heiji Hattori Monti Castiñeiras Ryu Horikawa
Kazuha Toyama (eps. 124-240) Ana Ouro Yuko Miyamura
Kazuha Toyama (eps. 241-350) Ana Lemos Yuko Miyamura
Kazuha Toyama (filmes) Xermana Carballido Yuko Miyamura
Yusaku Kudo Luís Iglesia Hideyuki Tanaka
Yukiko Kudo (eps. 44-155 + filmes) Xermana Carballido Sumi Shimamoto
Yukiko Kudo (eps. 308-310) ??? Sumi Shimamoto
Eri Kisaki Charo Pena Gara Takashima
Doutor Araide Daniel Lema Hideyuki Hori
Wataru Takagi Manolo Pombal Wataru Takagi
Miwako Sato Montse Davila Atsuko Yuya
Ninzaburo Shiratori (eps. 156-329 + filmes 3-8) César Cambeiro Kazuhiko Inoue
Ninzaburo Shiratori (filmes 1-2) Monti Castiñeiras Kaneto Shiozawa
Axente Chiba Antón Rubal Isshin Chiba
Sango Yokomizo (eps. 9-201) Andrés Bellas Akio Otsuka
Sango Yokomizo (eps. 212-344) Antón Ja Akio Otsuka
Misao Yamamura (eps. 100-102) Manolo Pombal Toshio Furukawa
Misao Yamamura (eps. 214-263) Carlos Jiménez Toshio Furukawa
Misao Yamamura (eps. 311-336) Chema Gagino Toshio Furukawa
Heizo Hattori (eps. 124-125) Óscar Fernández Takehiro Koyama
Heizo Hattori (eps. 283-285) Fermín Encinar Takehiro Koyama
Caco Kid (eps. 78-79) Raúl Dans Kappei Yamaguchi
Caco Kid (eps. 142-238; filme 8) Chema Gagino Kappei Yamaguchi
Caco Kid (filme 3) Óscar Fernández Kappei Yamaguchi
Gin (ep. 1) Óscar Fernández Yukitoshi Hori
Gin (eps. 135-336; filmes) Coté San Segundo Yukitoshi Hori
Vodka (ep. 1) Coté San Segundo Fumihiko Tachiki
Vodka (ep. 135-336; filmes) Xosé Tanas Fumihiko Tachiki
Vermouth (eps. 188-190; 301-310) Ana Lemos Mami Koyama
Vermouth (eps. 249-250) Beatriz García Mami Koyama
Ai Haibara (eps. 136-338 + filmes 5 e 8) Chelo Díaz Megumi Hayashibara
Ai Haibara (filmes 3-4; 6-7) Helena Amoedo Megumi Hayashibara
Pisco Antón Cancelas Yasuo Muramatsu
Tequila Antón Cancelas Kosei Hirota
Yumi Miyamoto Charo Pena Yu Sugimoto
Jodie Saintemillion Beatriz García Miyuki Ichiyo
Shuichi Akai Raúl Dans Shuichi Ikeda
James Black Miguel López Varela Iemasa Kayumi
  • Voces adicionais:
Alfonso Agra.
▪ Ana Maciñeiras.
▪ Amelia Rodríguez.
▪ Antía Jiménez.
▪ Antón Rubal.
Antonio Mourelos.
▪ Bernardo Xosé.
▪ Carlos Reboreda.
Carolina Vázquez.
▪ Gelos Rosado.
▪ Gonzalo Faílde.
Gonzalo Rei Chao.
▪ Lucía Cid.
▪ Manuel Caamaño.
▪ María Liaño.
Miguel Pernas.
▪ Míriam Aldrey.
Nacho Castaño.
▪ Ramiro Taboada.
▪ Santiago Cortegoso.
▪ Suso Álvarez.
Tacho González.
▪ Xavier Perdiz.
▪ Xoán Carballido.
▪ Xoán Diéguez.
▪ Xosé Manuel Rodríguez.

Outros medios

[editar | editar a fonte]

Películas

[editar | editar a fonte]

No Xapón xa se produciron 22 películas de O detective Conan, que colleitaron éxito dabondo nos cinemas. En Galicia puidemos ver, grazas á TVG, as 8 primeiras da franquía.

# Título Estrea no Xapón Estrea en Galicia
01 "O detective Conan: Explosión no rañaceos
Meitantei Konan Tokei-jikake no matenrō (名探偵コナン 時計じかけの摩天楼)"
19 de abril do 199725 de decembro do 2012

A ameaza dun terrorista de colocar unha serie de bombas en Toquio, fará que o detective Conan, cuxo verdadeiro nome é o de Shinichi Kudo, teña que empregar a súa incrible capacidade de dedución para salvar un monte de vidas, que agora están nas súas mans. Ao mesmo tempo, a carón de Ran Mouri, a súa compañeira de clase e mellor amiga desde cativos, Conan vai a unha festa do arquitecto Teiji Moriya, que está obsesionado coa simetría. Cal é o vencello entre as obras de Moriya e as explosións que están tendo lugar sobre as súas obras? Cal é o obxectivo que persegue o terrorista? 

02 "O detective Conan: A décimo cuarta vítima
Meitantei Konan Jūyon Banme no Taagett (名探偵コナン 14番目の標的)"
18 de abril do 199826 de decembro do 2012

O novo caso do detective Conan condúcenos a un restaurante francés futurista situado no fondo do mar, nun parque acuático da baía de Toquio, o “Aqua Crystal”. As persoas que se citaron alí son, entre outros, un escritor, un fotógrafo, unha modelo fermosa, un golfista profesional, un sommelier, un presentador de televisión e evidentemente, Shinichi Kudo. Todos eles ignoran que as súas vidas están ameazadas por un asasino en serie que elimina as súas vítimas seguindo unha orde rigorosa sen ningún tipo de escrúpulo: Joe Murakami. Non teñen fuxida posible, o único que os pode salvar é o caletre do xenial detective Conan. 

03 "O detective Conan: O derradeiro mago do século
Meitantei Konan Seikimatsu no Majutsushi (名探偵コナン 世紀末の魔術師)"
17 de abril do 19995 de xullo do 2013

O noso heroe atópase finalmente coa súa alma xemelga, o ladrón Caco Kid, o derradeiro mago do século. Axudado polo seu amigo Heiji, Conan acepta o reto de protexer o último tesouro da dinastía rusa dos Romanov, o “Ovo dos Recordos”. Non obstante Caco Kid, coa súa fantástica técnica de roubo logra confundilos e acada o seu obxectivo. Entrementres Natsumi Kosaka, a lexítima herdeira do tesouro, conta a Conan e aos seus amigos o segredo da historia do ovo e da súa familia, que lles desvela o misterio que agochan esas xoias no seu interior. Conan atopará respostas a moitas das súas preguntas, pero como recuperarán o tesouro? 

04 "O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos
Meitantei Konan Hitomi no Naka no Ansatsusha (名探偵コナン 瞳の中の暗殺者)"
22 de abril do 200014 de xullo do 2013

Diante de toda a Asociación de Detectives Xuvenís, unha persoa misteriosa dispara o subinspector da policía Osamu Narasawa mentres estaba de servizo. Desgraciadamente, este é só o primeiro asasinato dunha serie de homicidios que implican a todo o corpo de policía. Podería ser a vinganza de alguén externo ao corpo ou pola contra de alguén infiltrado no mesmo? O misterio complícase e podería tratarse do crime perfecto. Agora tamén corre perigo a vida de Ran, que está amnésica a causa de presenciar a agresión á axente Sato. Conan, coma sempre, pensa chegar á fin da cuestión... 

05 "O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
Meitantei Konan Tengoku e no Kauntodawn (名探偵コナン 天国へのカウントダウン)"
21 de abril do 200131 de decembro do 2012

Conan e os seus amigos visitan o rañaceos máis alto da cidade de Tama Oeste, que vai ser inaugurado. Alí coñecen a Mio Tokiwa, propietaria e compañeira de universidade de Kogoro Mouri. Durante a visita, un asasinato coincide coa aparición dun Porsche conducido por uns vellos coñecidos, os Homes de Negro. Unha serie de contratempos entrarán en escena a máis de 300 metros de altura e Conan e o resto da Asociación de Detectives Xuvenís quedan atrapados no alto do edificio, ao que non se pode acceder pola explosión dunhas bombas. Conseguirá Conan fuxir? Comeza unha conta atrás de supervivencia e perigos. 

06 "O detective Conan: A pantasma de Baker Street
Meitantei Konan Beikaa Suttoritto no bōrei (名探偵コナン ベイカー街の亡霊)"
20 de abril do 200231 de xullo do 2013

Conan e os seus amigos participan nun xogo virtual, creado polo neno prodixio Hiroki Sawada, que os transporta ata a cidade de Londres do século XIX, na época do famoso detective Sherlock Holmes. Alí terán que resolver o caso dun misterioso asasino en serie: Jack o destripador. A causa dos obstáculos programados pola máquina que os dirixe, o Casulo, os cativos arriscaran a súa vida neste xogo tan perigoso. O único xeito de fuxir é que un deles chegue á última fase e resolva o caso. Todas as esperanzas están postas no pequeno detective e na súa intelixencia. Conseguirá Conan sacar a verdade á luz e salvar a vida dos seus amigos? 

07 "O detective Conan: Encrucillada na antiga capital
Meitantei Konan Meikyū no Kurosoroodo (名探偵コナン 迷宮の十字路)"
19 de abril do 20032 de agosto do 2013

Conan, Mouri, Ran e os Detectives Xuvenís viaxan a Kyoto para resolver unha serie de asasinatos relacionados cos membros da banda de ladróns Genji Botaru, autores de furtos de estatuas de Buda e de coleccións de arte moi valiosas. Durante a investigación coincidirán con Heiji e Kazuha e todos entrarán nun xogo no que poderían morrer. Pero Conan atopa o xeito de volver a ser Shinichi, aínda que durante pouco tempo, para poder salvar a vida de Kazuha, que foi secuestrada. Recuperar obras de artes roubadas e resolver misterios, poderá Conan desenmarañar o fío do caso? 

08 "O detective Conan: O mago do ceo prateado
Meitantei Konan Ginyoku no Majishan (名探偵コナン 銀翼の奇術師)"
17 de abril do 20043 de xaneiro do 2013

A famosa actriz Juri Maki contrata a Kogoro Mouri para protexerse de Caco Kid, que ameaza con roubarlle o seu anel de safiro, coñecido coma “Xoia da Fortuna”. Kogoro, Ran, Conan e a Asociación de Detectives Xuvenís son convidados á representación da obra de teatro durante a cal se pensa que se cometerá o roubo. Conan logra evitar o roubo pero os plans de Kid trasládanse ata un avión no que viaxará o elenco da representación. Pero este comeza a quedar sen combustible, un dos motores estoupa e a pista de aterraxe incendiouse. Poderán volver pisar terra firme? 

09 "O detective Conan: Estratexia nas profundidades
Meitantei Konan Suiheisenjō no Sutoratejii (名探偵コナン 水平線上の陰謀)"
9 de abril do 2005

Quince anos atrás, o barco de carga, “Yashiromaru I”, naufragou no océano Atlántico despois de chocar contra un iceberg. Non obstante, o que parecera un accidente provocárao en tempos un asasino. Agora, Conan e os seus compañeiros embárcanse nun cruceiro, o “Aphrodithe”. Pero unha serie de homocidios e explosións, causadas polo mesmo asasino, ameazan as súas pequenas vacacións. Todos os pasaxeiros soben aos botes salvavidas agás Ran, que está atrapada nalgunha parte do navío. Poderá Conan rescatala antes de que afogue nas profundidades? Poderá descubrir a identidade do culpable? 

10 "O detective Conan: O réquiem dos detectives
Meitantei Konan Tantei-tachi no Rekuiemu (名探偵コナン 探偵たちの鎮魂歌)"
15 de abril do 2006

Un home contrata a Kogoro para que resolva un caso en Yokohama e pídelle que a súa filla e os detectives xuvenís o acompañen. Pero todo é unha trampa para utilizalos a estes coma reféns e obrigar a Mouri a resolver o caso antes de que pasen doce horas, dándolle pequenas pistas a través do teléfono móbil. O criminal é moi astuto e intelixente, e mesmo coñece a verdadeira identidade de Conan. No caso vanse involucrando aos poucos Heiji Hattori, Caco Kid e o corpo policial de Toquio para axudalos. Pero, que quere conseguir o asasino? Vai poder Conan salvar a Ran e os seus amigos antes de que remate a conta atrás? 

11 "O detective Conan: A bandeira pirata no grande océano
"Meitantei Konan Konpeki no Jorii Rojaa" (名探偵コナン 紺碧の棺)"
21 de abril do 2007

Koumijima é unha fermosa illa do océano Pacífico. Unha lenda deste lugar é a de dúas mulleres piratas que agocharon un tesouro nun lugar da illa: o Palacio Acuático. Conan, os detectives xuvenís, Ran e Sonoko van de vacacións a Koumijima para descansar. E mentres os detectives xuvenís resolven un mapa do tesouro, as rapazas fan mergullo e son testemuñas da morte dunha rapaza a mans dunha serpe, que a primeira vista parece accidental. E curiosamente, esa morte está relacionada coa lenda do palacio acuático. Que perigos lles depararán a Ran e Sonoko? Poderán saír con vida de tan perigosa illa? 

12 "O detective Conan: A partitura do medo
"Meitantei Konan Senritsu no Furu Sukoa" (名探偵コナン 戦慄の楽譜)"
19 de abril do 2008

Sonoko convida a Ran, Conan, Kogoro e a Asociación de Detectives Xuvenís á inauguración dun maxestoso auditorio propiedade de Kazuki Domoto, un pianista famoso que dirixe unha prestixiosa academia musical. No acontecemento tocarase un violín Stradivarius acompañado dun órgano de pipa e da voz da soprano Reiko Akiba. Porén a cantante sofre varios intentos de asasinato, relacionados cuns homicidios que involucran a todos os alumnos da academia do mestre Domoto. No día da inauguración, a velada convértese nun pesadelo cheo de bombas. Quen se agocha tras estes horribles sucesos? 

13 "O detective Conan: O corvo perseguidor
"Meitantei Konan Shikkoku no Cheisaa" (名探偵コナン 漆黒の追跡者)"
18 de abril do 2009

Unha serie de asasinatos no Xapón comezan a ser perpetrados. Kogoro Mouri é convidado á reunión de investigación do caso, pero nesta agóchase un dos membros da Organización dos Homes de Negro. Parece ser que estes teñen un certo interese nos asasinatos. Conan comeza a recompilar pistas para poder atopar o paradoiro dos seus inimigos, desvelando que o culpable quería vingar a morte da súa moza cunha gran carraxe e odio. Non obstante Irish, un novo membro da organización, descobre a súa verdadeira identidade e non dubidará en matalo. Poderá Conan saír vivo deste enfrontamento? 

14 "O detective Conan: O barco perdido no ceo
"Meitantei Konan Tenkuu no Rosuto Shippu" (名探偵コナン 天空の難破船)"
17 de abril do 2010

Jirokichi Suzuki, un tío de Sonoko, decide enfrontar a Caco Kid ofrecéndelle a oportunidade de que lle roube unha das súas xoias máis valoradas, a “Lady Sky do Firmamento”. O roubo terá lugar nun dirixible que viaxará dente Toquio a Osaka, e Conan e o detective Mouri están convidados. Pero durante a travesía aparece unha banda de atracadores, o Siamés Vermello, que se fai co control do aerostático. O medo comeza a xurdir entre os tripulantes e só Conan e os detectives xuvenís poderán salvar a vida de todos os viaxeiros. Poderán atrapar a banda de ladróns e coller dunha vez a Caco Kid? 

15 "O detective Conan: Os quince minutos do silencio
"Meitantei Konan Chinmoku no Quootaa" (名探偵コナン 沈黙の15分)"
16 de abril do 2010

Os feitos ocorren nunha montaña nevada, na que Conan terá que sobrevivir nas consecuencias máis extremas. Unha liña de tren está en perigo ante as posibles ameazas que foron remitidas ao Gobernador de Toquio. Namentres un rapaz que perdeu a memoria nun accidente durante a construción dun encoro nunha vila verase implicado nestes sucesos. Conan e mais os seus amigos intentarán impedilo todo, ao mesmo tempo no que Ran está en perigo e a enorme nevarada impide a resolución do misterio. 

16 "O detective Conan: O undécimo dianteiro
"Meitantei Konan Juuichininme no Sutoraikā" (名探偵コナン 11人目のストライカー)"
14 de abril do 2012

A Asociación de Detectives Xuvenís está gozando un partido de fútbol. Nese momento, a Axencia de Detectives Mouri recibe unha chamada de ameaza de bomba. Isto non é un xogo! Para incitar o señor Mouri, o culpable fai estoupar un coche diante da súa Axencia... Só hai un xeito de detelo, resolver o código que deixou para atopar o agocho da bomba. O inspector Megure, Kogoro e Ran buscan polos arredores de Beika pero non encontran pista ningunha. Quédanlles só 45 minutos! Ran decide chamar a Shinichi para que os axude e Conan comeza a investigar. Quen é o culpable? O mundo do fútbol é máis escuro do que imaxinabamos... 

17 "O detective Conan: O detective privado no mar afastado
"Meitantei Konan Zekkai no Puraibēto Ai" (名探偵コナン 絶海の探偵)"
20 de abril do 2013

Desta vez a acción desenvólvese no buque de guerra Aegis, do Ministerio de Defensa Marítimo Xaponés, ao que Conan e mais os seus amigos son convidados a coñeceren en Kyoto. Na nave hai infiltrado un misterioso espía e soan as alarmas... Vívese unha atmosfera de misterio que medra coa aparición dun cadáver que carece de brazo esquerdo: o propio comandante parece que foi asasinado. Para máis, o misterioso espía denominado "X" entra en contacto con armas perigosas. Conan non imaxina que este asunto ameaza a seguridade de todo o país nipón. Unha sombra axexa a supervivencia. Lograrán saír do barco e desenmascarar a identidade de "X"? 

18 "O detective Conan: O francotirador dimensional
"Meitantei Konan Ijigen no Sunaipā" (名探偵コナン 異次元の狙撃手)"
19 de abril do 2014

Na inauguración da torre de 635 metros Bell Tree, Conan e os seus amigos gozan das súas vistas son testemuñas dun francotirador que mata un dos visitantes. Conan albíscao no horizonte e empréndese nunha persecución polas rúas de Toquio para ir atrás del, á que se sumará o corpo de policía metropolitano e mesmo o FBI que ten axudado a Conan na súa loita cos Homes de Negro. Durante a investigación, sae á luz a existencia dun grupo especial da Armada, os "Navy Sails", que están relacionados co culpable e cunha serie de altercados que atemorizarán toda a cidade. Tamén aparecerán dous personaxes relacionados co axente Shuichi Akai do FBI: Masumi Sera, a detective irmá del, e o novo estudante de posgrao Subaru Okiya. 

19 "O detective Conan: Os xirasoles do inferno
"Meitantei Konan Gōka no Himawari"(名探偵コナン 業火の向日葵)"
18 de abril do 2015

Unha poxa a nivel internacional en Nova York ofrece unha das copias da obra Os Xirasoles de Van Gogh e Jirokichi Suzuki, o tío de Sonoko, busca facerse con ela co obxecto de expoñer todos os orixinais que existen sobre esta peza no Xapón. Non obstante, Caco Kid anuncia que se vai facer cunha das obras pero Suzuki advirte de que conta coa presenza dos Sete Samurais, un grupo de expertos en arte que custodia a pintura. Pero desta vez o garduño non se comporta como o fai normalmente: parece que o ladrón fantasma non é o de sempre. 

20 "O detective Conan: O pesadelo do negro puro
"Meitantei Konan Junkoku no Nightmare"(名探偵コナン 純黒の悪夢)"
16 de abril do 2016

Unha noite, un infiltrado accede aos ficheiros da comisaría da Policía xaponesa na procura de arquivos secretos de varias organizacións internacionais de espionaxe. Nese momento, Toru Amuro, o axente da Organización dos Homes de Negro, chega para impedirlle o roubo, pero o espía rouba un coche e foxe pola autoestrada, mais Shuichi Akai consegue alcanzar o vehículo. Ao outro día, Conan e os demais visitan un acuario novo, onde topan cunha rapariga que perdeu a memoria e di non recordar o seu propio nome. Desde a distancia, Vermouth estáos axexando e ponse en contacto con Gin. Que relación teñen estes dous sucesos coa Organización dos Homes de Negro? 

21 "O detective Conan: A carta de amor carmesí
"Meitantei Konan Karakurenai no Rabu Retā"(名探偵コナン から紅の恋)"
15 de abril do 2017

Unha bomba estoupou na oficina central de Nichiuri TV, símbolo de Osaka. Dentro das instalacións, a final da Satsuki Cup estaba sendo rodada, da que sería coñecido o vencedor do Hyakunin Isshu do Xapón. A situación é complicada, o edificio está en colapso e, no interior, só o detective xuvenil occidental, Heiji Hattori e o seu amigo de infancia, Kazuha Toyama, permanecen. Naquel momento, Conan salva aos dous de certa morte. Todo parece indicar que se trata dun acto terrorista, pero descoñécese quen é o culpable e cal foi o seu principal obxectivo. Conan e Heiji non poden entender a situación, e no medio desa confusión, Conan e os demais se atopan cunha moza que afirma ser "noiva de Heiji". O teu nome, Momiji Ooka. Esta misteriosa nena, ademais de ser o campión xuvenil de Hyakunin Isshu, tamén afirma ser o "destino de Heiji". Nese momento, nunha casa xaponesa de Arashiyama en Kyoto, o campión da Satsuki Cup é asasinado. As imaxes da escena do crime mostran a Momiji no lugar ... e en segundo plano, unha misteriosa "canción" segue soando ... 

22 "O detective Conan: Cero o Executor
"Meitantei Konan Zero no Shikkounin"(名探偵コナン ゼロの執行人)"
13 de abril do 2018

O novo establecemento "Edge of Ocean" que se atopa na baía de Toquio será o novo asento do cumio da reunión de Toquio. O 1 de maio comeza a cimeira onde máis de 22.000 policías están gardando o gran establecemento, prodúcese unha enorme explosión! Hai Tooru Amuro, membro da organización secreta coñecida como "Cero" que controla a policía de seguridade pública en todo o país. Conan sospeita o caso de explosión que ocorreu días antes do cumio e o misterioso comportamento de Amuro, que se move en segredo. Nese momento hai impresións dixitais no lugar do crime e coinciden coas pegadas de Kogoro Mouri, que pertencían á policía no pasado. É unha conspiración? Conan e Amuro comezan a investigación en torno á detención de Kogoro. 

23 "O detective Conan: O Puño de Zafiro Azul
"Meitantei Conan Konjō no Fisuto"(名探偵コナン 紺青の拳)"
12 de abril do 2019

 

24 "O detective Conan: A Bala Escarlata
"Meitantei Conan Hiiro no Dangan"(名探偵コナン 緋色の弾丸)"
2020

 

Da película 12 á 16 elaborouse un episodio especial previo ou posterior aos acontecementos narrados no propio filme: os Magic Files.

Animacións de vídeo orixinal (OVAs)

[editar | editar a fonte]

As OVAs son capítulos especiais de longa duración non emitidos en televisión. No Xapón adóitanse sacar en vídeo ou DVD.

# Título en galego
1 Conan contra Caco Kid contra Yaiba
2 Dezaseis sospeitosos
3 Conan, Heiji e o neno desaparecido
4 Conan, Caco Kid e o Cristal Nai
5 Obxectivo, Kogoro Mouri! A investigación secreta dos Detectives Xuvenís!
6 A persecución do diamante desaparecido! Conan e Heiji contra Caco Kid
7 O desafío escrito de Agasa
8 O instituto das mozas detectives: o libro de Sonoko
9 O estraño despois de 10 anos
10 Kid na Illa das Trampas
11 Instrucións secretas dende Londres
12 O milagre de Escálibor

Detective Conan Drama

[editar | editar a fonte]

Detective Conan Drama (名探偵コナン- 工藤新一への挑戦状, Meitantei Conan: Kudō Shin'ichi he no Chōsenjō) é un especial con actores reais que preparou Gosho Aoyama para conmemorar os 10 anos do anime. A historia acontece uns días antes de que Shinichi se encontre cos Homes de Negro e que estes lle dean o veleno. Shinichi, que recibe unha carta anónima que lle informa dun rapto que se producirá nunha excursión do instituto, intentará dar co culpable. Pero ese non será o único secuestro que teña que impedir o xove detective.

  • Dirección: Koichi Okamoto
  • Guionistas: Gosho Aoyama, Mutsuki Watanabe
  • Produtores: Toshikazu Tanaka, Masahiro Kunimoto, Akira Miyakawa
  • Música: Katsuo Ono
  • Elenco:
Personaxe Actor
Shinichi Kudo Oguri Shun
Kogoro Mouri Jinnai Takanori
Ran Mouri Kurokawa Tomoka
Juuzou Megure Nishimura Masahiko
Sonoko Suzuki Iwasa Mayuko
Keiji Tamagawa Ibu Masato
Shingo Kitajima Fukawa Ryo
Mai Nishida Mizukawa Asami
Kunio Azuma Matsushige Yutaka
Kyosuke Minamida Nishimura Kazuhiko
Yoko Okino Becky

No ano 2007 saíu outro especial cos mesmos actores, mais nos anos 2011 e 2012 fixéronse dúas longametraxes máis de carne e óso respectivamente, substituíndo a case todo o elenco inicial. Grazas ao éxito das mesmas, nese mesmo ano estreouse unha serie de 13 episodios que narraban os casos de Shinichi Kudo antes de se converter en Conan Edogawa.

Mercadorías

[editar | editar a fonte]

DVDs da serie

[editar | editar a fonte]

No Nadal do ano 2007-2008, saíron á venda en Galicia dous DVDs da serie como parte dunha campaña.

  • O detective Conan I

Conan e Mouri trasládanse á residencia do grande escritor de novelas de terror Torákura, alcumado Drácula. Alí, o detective dormente, é contratado para resolver un caso de relación extraconxugal. Pero despois de falar co sobranceiro escritor, este aparece morto cunha estaca chantada no peito. Días máis tarde, Kogoro e a súa familia, visitan un albergue de montaña onde coñecen unha actriz e a súa dobre. Alí son testemuñas da morte da actriz por celos da súa suplente.

  • O detective Conan II

Un misterioso asasino a soldo, O Raposo, foi contratado para asasinar un home que tiña cancro. Este arrepíntese, e por iso desexa que Kogoro o protexa para non acabar morto. Mentres fan sendeirismo pola montaña, aparecen varios montañeiros, e Conan descobre que un deles é o malvado asasino. Logo, o pequeno detective, terá que facer fronte a outro homicidio. Kogoro estará cunha amiga durante a noite, e ao outro día descobren que está implicada nun misterioso asasinato. Así e todo, a hora estimada do crime é a mesma na que Kogoro acompañou a súa amiga.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

Ata o de agora, publicáronse varios videoxogos sobre O detective Conan no Xapón, para varios tipos de consolas. En España, lanzouse o videoxogo para Wii "Detective Conan: La investigación de Mirápolis", publicado no Xapón no ano 2007 e en España no 2009, sen versión en galego, lamentablemente.

Orixe dos nomes

[editar | editar a fonte]

Para darlles nome ós personaxes e ós lugares deste manga e anime, Gosho Aoyama homenaxea, á súa maneira, a diferentes referentes (personaxes reais, de ficción, lugares que aparecen nas novelas...) do mundo da literatura e do misterio detectivesco. Estes son algúns dos casos máis salientables:

  • Shinichi Kudo: provén dunha serie xaponesa na que o protagonista se chama Shinsaku Kudo e que tamén é detective. Tamén cabe dicir que, en xaponés, "shin" pode significar "novo" e "ichi" o número 1. Shinichi quere ser o novo Sherlock Holmes, segundo el, o número un dos detectives, e o seu propio nome parece reflectir ese desexo seu.
  • Conan Edogawa: é quizais a máis clara homenaxe. Conan vén de Arthur Conan Doyle, creador de Sherlock Holmes e Edogawa do escritor e crítico xaponés Rampo Edogawa.
  • Kogoro Mouri: Kogoro vén de Kogoro Akechi, personaxe de ficción creado por Rampo Edogawa e Mouri do escritor Maurice Leblanc, creador do personaxe Arsenio Lupin, un sobranceiro ladrón de guante branco.
  • Eri Kisaki: vén da novelista Ellery Queen. Eri de Ellery e Kisaki de Queen (Kisaki é raíña en xaponés).
  • Distrito Beika: é un distrito imaxinario de Toquio onde viven os nosos protagonistas. O nome Beika provén de Baker, a rúa londiniense onde viven Sherlock Holmes e Watson.
  • Cafetería Poirot: a cafetería de Azusa colle o nome Poirot de Hercules Poirot, personaxe creado por Agatha Christie.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2011. 
  2. Emitidos na TVG (numeración galega).
  3. Emitidos no Xapón (numeración galega).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]