Jessica Lange
Jessica Phyllis Lange, nada en Cloquet, Minnesota o 20 de abril de 1949, é unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou arte e fotografía na University of Minnesota, onde coñecería ao seu marido, o fotógrafo español Paco Grande. Tras casar dedicáronse a viaxar polos Estados Unidos e Europa[1] para finalmente instalarse en París. Alí traballou coma modelo, e foi así como a descubriu o produtor Dino De Laurentiis, que a contratou para o seu primeiro papel en King Kong.
O filme foi un éxito de público, pero non de crítica, e Lange non volvería actuar no cine ata tres anos despois en Empeza o espectáculo.
O seu primeiro grande éxito interpretativo obtívoo con The Postman Always Rings Twice, ao que seguiría Frances, co que lograría a súa primeira candidatura ao oscar á mellor actriz. Nesa mesma edición conseguiu o oscar á mellor actriz secundaria por Tootsie.
Durante os anos oitenta e noventa seguiu actuando en filmes, con descansos para dedicarse aos seus fillos (ten un fillo con Mikhail Baryshnikov e outros dous con Sam Shepard). Tamén participou en obras teatrais e en proxectos televisivos.
En 1994 gañou o seu segundo oscar con Blue Sky, filme póstumo do director Tony Richardson.
En 2011 participou na serie American Horror Story, que lle valeu novos premios de interpretación.
Nos últimos anos tamén fixo exposicións fotográficas.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1976 | King Kong |
1979 | Empeza o espectáculo |
1980 | How to Beat the High Co$t of Living |
1981 | The Postman Always Rings Twice |
1982 | Tootsie |
Frances | |
1984 | Country |
1985 | Sweet Dreams |
1986 | Crimes of the Heart |
1988 | Far North |
Everybody's All-American | |
1989 | A caixa de música |
1990 | Men Don't Leave |
1991 | Cape Fear |
1992 | Night and the City |
1994 | Blue Sky |
1995 | Losing Isaiah |
Rob Roy | |
1997 | A Thousand Acres |
1998 | Hush |
Cousin Bette | |
1999 | Titus |
2001 | Prozac Nation |
2003 | Masked and Anonymous |
Big Fish | |
2005 | Broken Flowers |
Don't Come Knocking | |
Neverwas | |
2006 | Bonneville |
2012 | The Vow |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biography.com (ed.). "Jessica Lange Biography". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jessica Lange |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jessica Lange na IMDb (en inglés).
- Actores de Minnesota
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Modelos femininas dos Estados Unidos de América
- Nados en Minnesota
- Nados en 1949
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Estadounidenses de ascendencia finesa
- Óscar á mellor actriz