Jehan Bellegambe
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1470 Douai, Francia |
Morte | 1534 (63/64 anos) Douai, Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Douai |
Ocupación | pintor, debuxante |
Movemento | Pintura flamenga primitiva |
Jean Bellegambe (Duai, 1470 - 1534), foi un pintor flamengo[1], coñecido como o mestre da cor pola transparencia e xogo das cores nas súas obras.
Realizou numerosas pinturas relixiosas, trípticos e polípticos, os principais consérvanse en Duai, Arras, Aix, San Petersburgo e Chicago.
Obras
[editar | editar a fonte]- Retablo de Le Cellier (1508), amosa a Jeanne de Boubais rezando diante a Virxe coa representación da abadía de Flines-lez-Raches
- Retablo de Santo Hadrián de Nicomedia (1515) pintura ó óleo chêne, panel lateral esquerda de 75 x 33'5 cm, adquiriuno en 1856 o Museo do Louvre département des peintures.
- Tríptico do baño místico (1525), reallizado para o abade Charles Coguin pintura ó óleo sobre madeira; consérvase no Museo de Belas Artes de Lille. Restaurouse en 1921 e 1966.
- Políptico d'Anchin, constituído por nove paneis, realizado para a abadía d'Anchin, rico conxunto iconográfico, foi obxecto de restauración durante cinco anos, desde 2007 está exposto no Museo da Chartreuse.
- Tríptico da Inmaculada Concepción (1525), representando á familia Pottier, importante en Duai
- Santa Catarina de Alexandría (1520), consérvase no Art Institute of Chicago.
- Santa Bárbara (1520), consérvase no Art Institute of Chicago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Duai actualmente pertence a Francia pero en 1470 era unha cidade do Condado de Flandres aínda que de lingua picarda, non será francesa ata 1668. Esther Singleton en The Art of the Belgian Galleries considérao flamengo