José Polo Folgueira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | setembro de 1952 Mondoñedo, España |
Actividade | |
Ocupación | xastre, xornalista |
José Polo Folgueira, finado en Mondoñedo en setembro de 1952, foi un xastre e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presidente da Asociación Juventud Carlista de Mondoñedo en 1907, e da Juventud Jaimista en 1915.[1] Foi o primeiro director de El Cruzado e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917, da que foi nomeado vogal da xunta directiva.[2] Concelleiro na década dos vinte, foi representante en Mondoñedo da sociedade bonaerense Mondoñedo y Distritos e xestor dos fondos que estes enviaron desde a Arxentina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local dos requetés Boinas Rojas entre 1936 e 1939. Finou en Mondoñedo a principios de setembro de 1952.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Centenario da Irmandade da Fala mindoniense Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine.