Jordi Roura
Nome orixinal | (ca) Jordi Roura i Solà | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 10 de setembro de 1967 (57 anos) Llagostera, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,72 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jordi Roura i Solà, nado en Llagostera (Xirona) o 10 de setembro de 1967, é un exfutbolista catalán, que ocupaba a posición de centrocampista ou dianteiro, e que foi adestrador do Futbol Club Barcelona no 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Despois de pasar polas categorías de alevín e infantil da Unió Esportiva Llagostera,[1] Jordi Roura continuou a súa formación nas categorías inferiores do FC Barcelona. Militou no equipo filial antes de debutar no primeiro equipo na tempada 1988/89, na que xogou 8 partidos en Primeira División. O ano seguinte xogou dous máis cos blaugrana. Sen continuidade no FC Barcelona, marcha cedido ao Real Murcia, onde xoga a tempada 1991/92 na Segunda División. O ano seguinte ficha pola UE Figueres, tamén na categoría de prata.[2] En 1994 ficha pola UE Sant Andreu.[3]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]O 15 de xuño de 2012, xa retirado como futbolista, asinou o contrato como segundo adestrador de Tito Vilanova no FC Barcelona.[4]
Dirixiu o equipo durante dous partidos despois da expulsión do primeiro adestrador contra o Osasuna. Tamén foi o elixido para facerse cargo do primeiro equipo desde o 19 de decembro de 2012, día no que Tito Vilanova tivo que prepararse para unha intervención cirúrxica a causa dun cancro, ata o 2 de abril de 2013, cando Vilanova volveu para dirixir novamente o equipo. Durante este período, o conxunto catalán caeu nas semifinais da Copa do Rei, mantivo con solvencia o liderado da Liga e avanzou aos cuartos de final da Liga de Campións.
O 19 de xullo de 2013 converteuse no máximo responsable do primeiro equipo, despois da dimisión forzada e inesperada de Tito Vilanova, cargo que ocupou ata o 26 de xullo, data na que foi presentado o substituto de Vilanova, Gerardo 'Tata' Martino. Durante este breve período de tempo, dirixiu o equipo nun amigable que xogou o Barça contra o FC Bayern München de Pep Guardiola, partido que gañaron os alemáns por 2-0. Despois da presentación oficial do Tata, dirixiu ao Barcelona en dous partidos amigables máis, contra o Valerenga (0-7) e o Lechia Gdansk (2-2).
O 19 de maio de 2014, o FC Barcelona anunciou o seu nomeamento como director do fútbol formativo blaugrana,[5] cargo no que substituíu a Guillermo Amor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moll i Casamitjana, Pinsach i Estanyol, Dani, Jordi (1980). Butlletí de Llagostera, ed. "Entrevista a Jordi Roura. De Llagostera al primer equip del Barça" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ Mundo Deportivo, ed. (3 de setembro de 1992). "UE Figueres".
- ↑ Mundo Deportivo, ed. (31 de xaneiro de 1994). "El ex azulgrana Roura llega a un acuerdo con el Sant Andreu".
- ↑ "Jordi Roura, com a segon entrenador, i Aureli Altimira, com a preparador físic, també han signat el seu contracte", FC Barcelona en Twitter.
- ↑ FC Barcelona, ed. (19 de maio de 2014). "Canvis en l’organigrama tècnic de l’àrea de futbol".