[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Jorge Canda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Canda
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata
A Lama, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Pigarzos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaA Lama Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Lama
1995 – 2023
← Manuel Rial González Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Lama Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, axente de seguros Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2002–)
Partido Socialista Obrero Español
Centro Democrático y Social Editar o valor en Wikidata
Membro de

Jorge Canda Martínez, nado na Lama en 1953[1] e falecido en Pigarzos (A Lama) o 1 de setembro de 2024,[2] foi un político galego, que foi alcalde da Lama.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Axente de seguros de profesión, comezou militando no CDS en 1986,[3] e foi candidato por este partido en 1987. Posterioremente, pasou ao PSdeG-PSOE, e nas eleccións municipais de 1991 quedou a trece votos de lograr a alcaldía. A vara de mando conseguiuna nas de 1995 encabezando a lista do PSdeG-PSOE coma independente, e logo de chegar a un pacto cunha forza independente.[1] Nas municipais de 1999, encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde.[1]

Posteriormente, Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno abandonaron o PSdeG e pasaron ao grupo mixto e, en 2002, formalizaron o seu ingreso no PPdeG.[1][3] Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido por maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, incluíndo as de 2019. Ademais, foi deputado na Deputación de Pontevedra entre 2015 e 2017, na oposición.

Para as eleccións de 2023, foi substituído na candidatura do PPdeG por David Carrera Cal,[4] se ben permaneceu traballando no concello como concelleiro. Faleceu pouco máis dun ano máis tarde.


Predecesor:
Manuel Rial González
 
Alcalde da Lama
 
1995 - 2023
Sucesor:
David Carrera Cal

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado e enviuvou ao pouco de deixar a alcaldía[5].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gago, M. (25 de febreiro de 2023). "El popular Jorge Canda se retira de la primera línea política tras 28 años como alcalde de A Lama". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 
  2. Oskar Viéitez (1 de setembro de 2024). "Faleceu Jorge Canda, ex alcalde da Lama". Pontevedra Viva. 
  3. 3,0 3,1 Casares, Christian (2002-10-11). "El alcalde de A Lama admite que se pasa al PP para lograr más inversiones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-12-10. 
  4. Gago, David (24 de febreiro de 2023). "David Carrera releva a Jorge Canda como candidato del PP a la alcaldía de A Lama". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 
  5. "Loito na Lama pola morte de Pilar Prol, muller do ex alcalde Jorge Canda". Pontevedra Viva. 2023-07-21. Consultado o 2024-09-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]