[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Joel Asaph Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoel Asaph Allen

Joel Asaph Allen contra 1885
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1838
Springfield, Massachusetts
Morte29 de agosto de 1921
Nova York
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade Harvard
Actividade
Campo de traballoZooloxía e Ornitoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorMuseo Americano de Historia Natural, conservador (1885–)
Museum of Comparative Zoology (en) Traducir, axudante (1870–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresLouis Agassiz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviatura do autor en zooloxíaAllen Editar o valor en Wikidata
Arquivos en

Descrito pola fonteObálky knih,
The Biographical Dictionary of America (en) Traducir, (vol:1, p.87) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1508165
Joel Asaph Allen en 1920

Joel Asaph Allen, nado o 19 de xullo de 1838 en Springfield, Massachusetts, e finado o 29 de agosto de 1921 en Nova York, foi un zoólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Allen estudou na Universidade Harvard baixo a dirección de Louis Agassiz. Participou nunha expedición ao Brasil e en varias outras polo interior dos Estados Unidos.

En 1873 estivo á fronte dos naturalistas da expedición da North Pacific Railroad desde Bismarck, Dakota do Norte, a Yellowstone para a Smithsonian Institution.[1]

En 1877 postulou a regra de Allen, que o fixo famoso en bioloxía.

Allen foi o primeiro conservador de aves e mamíferos do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History), de 1885 en adiante e, posteriormente, foi o primeiro director do seu Departamento de Ornitoloxía.

En 1886 foi un dos primeiros en incorporarse á Audubon Society, de Nova York.

Ademais tamén foi membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • Mammals and Winter Birds of Eastern Florida, 1871
  • The American Bisons, 1876
  • Monographs of North American Rodentia (con Elliott Coues), 1877
  • History of North American Pinnipedia, 1880
  • Mammals of Patagonia, 1905
  • The Influence of Physical Conditions in the Genesis of Species, 1905
  • Ontogenetic and Other Variations in Musk-Oxen, 1913

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura J. A. Allen emprégase para recoñeer a Joel Asaph Allen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. "Allen, Joel Asaph". En: Ilse Jahn (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiographien. Hamburgo: Nikol VG Spektrum. ISBN 3-9378-7201-9.