Illa Manra
(en) Manra | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Fénix | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Fénix | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Fénix, Kiribati | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 2,8 () × 3,2 () km | ||||
Superficie | 4,4 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1832 | ||||
A Illa Manra (tamén coñecida como Illa Sidney) é unha illa do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. En 1938, foi unha das illas involucradas no plan de colonización británico denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten forma triangular cunha superficie total de 4,4 km ². É un antigo atol coa lagoa interior sen ningunha canle de saída ao mar. Isto fai que a auga se evapore e resulte unha lagoa moi salgada por baixo do nivel do mar, sen vida mariña. Nos arrecifes, en cambio, a fauna é moi diversa. En terra abundan porcos domésticos en estado salvaxe, ratas, lagartas, cangrexos e insectos. Está deshabitada.
Historia
[editar | editar a fonte]Atópanse antigas ruínas polinesias. Foi descuberta, en 1823, polo capitán Emment do baleeiro inglés Sydney Packet e chamouna Sydney Island. Reclamada polos intereses norteamericanos sobre o guano, parece que non chegou a ser explotada. Foi declarada unha reserva natural de aves en 1938, e unha reserva natural de vida salvaxe en 1975.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Lagoa interior de Manra
-
Localización de Manra
-
Illa Manra, imaxe cortesía do Image Science and Analysis Laboratory, Johnson Space Center