[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Ignacio Escolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgnacio Escolar

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Escolar García Editar o valor en Wikidata
20 de decembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, jornalismo online (pt) Traducir, commentary (en) Traducir, political analysis (en) Traducir, blog, Música alternativa e rock alternativo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoXornalismo de opinión, xornalismo e indie pop Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiArsenio Escolar Ramos Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4378512 Facebook: Ignacio.escolar Twitter: iescolar BNE: XX5406827 Bitraga: 3969 Dialnet: 1821852 Discogs: 2475022 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Escolar García, nado en Burgos o 20 de decembro de 1975, é un blogueiro e xornalista español que dirixe o xornal dixital eldiario.es e é analista político na radio e na televisión. Foi fundador e primeiro director do xornal Público.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira xornalística en 1995,[2] colaborando en diarios como Cinco Días ou El Mundo e revistas como Muy Interesante, Rolling Stone, GEO ou Quo. En 1999, incorporouse ós informativos de Telecinco, como responsable dunha sección de Internet: "El Navegante", que se emitía no informativo da noite. En 2004, traballou como consultor de prensa en México e Ecuador. De volta a España, foi nomeado coordinador da web Informativos Telecinco. Deixou o posto para converterse en director adxunto de La Voz de Almería, Cadena SER Almería e Localia Almería, o que faría del, ademais, tertuliano nos programas La ventana e Hoy por hoy da Cadena Ser. Regresou a Madrid para ser o primeiro director do rotativo Público, que dirixiu dende a súa fundación, en setembro de 2007, deica a súa destitución, o 13 de xaneiro de 2009. Dende esa data até marzo de 2012 foi columnista diario de Público, e deixou este xornal para fundar a cabeceira dixital eldiario.es.[3]

Tamén participou en faladoiros políticos de TVE, como Los Desayunos de TVE, La noche en 24 horas ou 59 segundos (2007-2012), La vuelta al mundo (2009-2011) en Veo7, Las mañanas de Cuatro (2013-2014) con Jesús Cintora, El programa de Ana Rosa, El gran debate (2012-2013) e Un tiempo nuevo en Telecinco (2014).

É colaborador acotío de Hoy por hoy da Cadena SER e ten contrato de exclusividade con La Sexta colaborando nos principais programas da canle: Al rojo vivo (La Sexta) (2015-presente), Más vale tarde e La Sexta Noche (2015-presente). Colabora con medios internacionais como The Guardian, no Reino Unido, ou Clarín, na Arxentina.

  1. Top 25 Internet Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. El Mundo. 3 de xaneiro de 2010
  2. [1] Currículum de Ignacio Escolar
  3. Ignacio Escolar prepara la cabecera digital 'eldiario.es'. El Financiero Digital, 28/3/2012