Ignacio Ellacuría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Nome orixinal | (eu) Ignacio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de novembro de 1930 Portugalete, España |
Morte | 16 de novembro de 1989 (59 anos) San Salvador, O Salvador |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | O Salvador |
Reitor | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía e actividade literaria |
Ocupación | teólogo, sacerdote católico, misioneiro, profesor universitario, filósofo, escritor |
Empregador | Central American University, San Salvador (en) |
Movemento | Teoloxía da liberación |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Ignacio Ellacuría Beascoechea, nado en Portugalete, Biscaia, o 9 de novembro de 1930 e finado en San Salvador, o 16 de novembro de 1989 foi un filósofo e teólogo vasco nacionalizado salvadoreño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou no noviciado da Compañía de Xesús en Loiola. Foi enviado ao Salvador e completou os seus estudos de filosofía en Quito, continuándoos en Insbruck onde foi discípulo de Karl Rahner. Fixo os seus votos como xesuíta na súa vila natal en 1962. Tres anos despois doutorouse en filosofía na Universidade Complutense onde foi discípulo de Xabier Zubiri.
Destinado ao Salvador, entrou na Universidade Centroamericana (UCA) onde, ademais de investigar, se implicou na realidade social do país e asumiu cargos directivos na propia universidade, así como o de Director do Departamento de Filosofía. O xeneral dos xesuítas, padre Arrupe, confioulle a educación dos novizos da compañía na provincia Centroamericana.
A súa obra Teoloxía política encádrao na teoloxía da liberación. En 1976 empezou a dirixir a Revista de Estudios Americanos. A súa editorial A sus órdenes, mi capital recruou as hostilidades dos sectores conservadores. Os seus pronunciamentos públicos e o seu traballo social acabaron afectando á propia universidade, que sufriu a retirada dos apoios estatais, o acoso da dereita salvadoreña e a violencia paramilitar. Tras o asasinato do bispo de San Salvador, Óscar Romero, ficou baixo a protección da Embaixada española e saíu fóra do país entregándose a unha campaña para dar a coñecer a situación de inxustiza social e represión que se vivía no seu país.
En 1983 foi nomeado director do Seminario Xabier Zubiri. En 1989 regresou ao Salvador onde continuou co seu labor de denuncia e de traballo a prol dunha saída negociada ao conflito civil. Fundou con Jon Sobrino a Revista Latinoamericana de Teología.
O 16 de novembro de 1989 foi asasinado por un pelotón do Batallón Atacatl da Forza Armada Salvadoreña xunto con outros cinco xesuítas, unha muller e unha nena.
Obras
[editar | editar a fonte]- Freedom made Flesh: The Mission of Christ and His Church, Nova York, 1976
- Conversión de la Iglesia al Reino de Dios, 1984
- Filosofía de la Realidad Histórica, post mortem.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Ellacuría |