[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Infante de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Infanta de España»)
Coroa de infante.

Infante é un título que se outorga en España aos fillos do rei e do príncipe herdeiro dentro do que se chama Familia Real. Ao contrario do que sucede noutras monarquías, en España só ostenta a dignidade de príncipe o herdeiro da Coroa, e que recibe por iso o Principado de Asturias e demais títulos vinculados tradicionalmente ao sucesor. Reciben o título de infantes o resto dos fillos dos Reis de España e dos Príncipes de Asturias.

Doutra banda, a lexislación española permítelle ao Rei, ou no seu caso á Raíña, conceder devandito título, á súa discreción e de forma excepcional, a persoas dignas de tal merecemento. Deste xeito, o título de infante, foille concedido en decembro de 1994 a Carlos de Borbón, Duque de Calabria, Rei titular das Dúas Sicilias (Carlos I) e curmán do Rei Xoán Carlos I, e así foi dende aquela ata a súa morte a primeira persoa na liña de sucesión ao trono de España logo da familia directa do Rei. Sería o sucesor do Rei Xoán Carlos se se aplicase a Pragmática Sanción de 1776, pois os fillos daquel contraeron matrimonio morganático e, en virtude da citada lei, estarían excluídos da sucesión ao trono xunto con toda a súa descendencia. A pesar de que algúns xuristas consideran derrogada a Pragmática pola Constitución española de 1978, moitos xurisconsultos opinan que se mantén en pé unicamente para a sucesión da Casa Real Española e non no Reino de España.

Entre outras distincións, os infantes teñen dereito a ser enterrados no Mosteiro do Escorial, no Panteón de Infantes. Os fillos dos infantes reciben o tratamento e honras de Grandes de España, excepto os fillos dos Príncipes de Asturias, que reciben o título de infantes.

Tampouco son infantes os maridos das infantas Cristina e Margarita, Iñaki Urdangarin e Carlos Zurita, que reciben o tratamento de «Excelentísimos Señores», ademais dos correspondentes títulos de duque consorte de Palma de Mallorca e duque consorte de Soria a título vitalicio -non transmisible aos seus fillos- mentres sigan sendo consortes das infantas ou permanezan viúvos.

As Infantas Sabela Clara Uxía e Catalina Micaela; fillas de Filipe II, rei de España e as Indias (por Sofonisba Anguissola cara a 1570).

Nas monarquías hispánicas medievais, tanto a castelá e a leonesa como a navarra ou aragonesa, todos os fillos e fillas dos reis, incluídos os primoxénitos, recibían o título de infantes ou infantas. Con todo, a fins do século XIV, Xoán I de Castela, fillo e sucesor de Henrique II de Trastámara, ao casar ao seu fillo primoxénito, o infante Henrique -futuro Henrique III- con Catarina de Lancaster, neta do destronado e asasinado Pedro o Cruel, creou o título de Príncipes de Asturias para a parella, que en diante foi outorgado aos herdeiros da Coroa, fose cal fose o sexo destes. Por nacemento, os fillos primoxénitos dos reis nacían infantes como os seus irmáns, pero era no momento da súa designación como herdeiros polas Cortes cando se convertían en Príncipes de Asturias.

O mesmo pasou en Navarra, cando Carlos III o Nobre creou para o seu neto, o infante Carlos, fillo da súa filla Branca e do futuro Xoán II de Aragón, o título de Príncipe de Viana, coa idea de que dito título fose transmitido aos herdeiros da Coroa Navarra. Pero ao ser conquistada Navarra por Fernando o Católico en 1512, o título do herdeiro de Navarra foi asumido polo herdeiro de Castela e Aragón, aínda que os Albret desterrados continuaron usando o título para os seus herdeiros.

Actuais infantes de España

[editar | editar a fonte]

A tenor do que antecede, e conforme ás leis españolas, os actuais infantes de España son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]