[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Independentismo escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Escocia dentro do Reino Unido e Europa.

O independentismo escocés (en escocés: Neo-eisimeileachd na h-Alba; en scots: Scots unthirldom)[1] é un movemento político en Escocia que defende que se converta nun estado soberano, independente do Reino Unido.[2][3][4][5]

Escocia foi un reino independente durante a Idade Media, e loitou guerras para manter a súa independencia respecto de Inglaterra. Os dous reinos uníronse por unión persoal en 1603 cando o escocés Xacobe VI de Escocia se converteu no rei Xacobe I de Inglaterra, e despois os dous reinos uníronse politicamente en 1707. As campañas políticas a prol do autogoberno escocés comezaron no século XIX, nun principio como unha maneira de goberno dentro do Reino Unido. Realizáronse dous referendos de devolución en 1979 e 1997, e o Parlamento escocés foi estabelecido o 1 de xullo de 1999.

O Partido Nacional Escocés a prol da independencia converteuse no partido gobernante no parlamento devolto en 2007, e conseguiu unha ampla maioría de escanos nas eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011. Isto motivou un acordo entre os gobernos escocés e británico para a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Os votantes foron preguntados: "Escocia debería ser un país independente?"[6] ó cal o 44,7% dos votantes responderon "Si" e un 55,3% responderon "Non", cun récord de participación do 85%.[7][8] Logo da saída do Reino Unido da Unión Europea, propúxose un segundo referendo de independencia.

  1. "Inside Information". The Herald. 31 de agosto de 1993. Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  2. "Brexit: Scots prefer independence to no-deal, poll finds". The Scotsman. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  3. Brooks, Libby (2018-11-15). "Sturgeon: Brexit chaos makes independence case stronger every day". The Guardian. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  4. "Scottish nationalists want to take back control". The Economist. 11 de outubro de 2018. 
  5. Massie, Alex (15 de decembro de 2019). "Never mind Brexit – Boris Johnson's biggest battle is Scotland trying to take back control" – vía www.thetimes.co.uk. 
  6. "Scotland's Referendum 2014 - Background". Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  7. "Scottish referendum: Scotland votes 'No' to independence". BBC News. 19 de setembro de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  8. "Referendum results: Turnout a record high as Scots vote No to independence". Scotland Now. 19 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2014.