[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Henrique IV de Bar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenrique IV de Bar
Nome orixinal(fr) Henri IV de Bar Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1315 Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1344 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBar-le-Duc Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Bar (en) Traducir (1336–1344) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Scarpone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIolanda de Dampierre (1338 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosEduardo II de Bar, Roberto I de Bar Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo I de Bar Editar o valor en Wikidata  e Marie de Borgoña Editar o valor en Wikidata
IrmánsEleonore of Bar
Beatrice of Bar Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: De_Bar-44

Henrique IV de Bar, nado entre 1315 e 1320 e morto en 1344, foi conde de Bar de 1336 a 1344. Era fillo de Eduardo I, conde de Bar, e de María de Borgoña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Citado por primeira vez en 1323, e despois en 1329 cando o seu pai considera casar cunha filla de Xoán de Luxemburgo, rei de Bohemia, converteuse en Conde de Bar en 1336.

O entendemento que reinaba co duque de Lorena Raúl remata en 1337 e comezaron a guerra, que destruíu mutuamente as súas terras. Foi necesaria a arbitraxe de Filipe VI de Valois, rei de Francia, señor feudal do conde de Bar, para lle poñer fin.

Despois uniuse ao exército de Filipe VI de Valois, rei de Francia, en 1339 e 1340, cando Eduardo III, rei de Inglaterra ameazaba con invadir o reino de Francia, pero asinouse unha tregua a finais de 1340.

A inacción das tropas que seguiu foi a causa dun novo enfrontamento con Raúl de Lorena, ao redor da cidade de Neufchâteau, e o rei de Francia tivo que intervir de novo para acabar con ela.

En 1344, o rei de Inglaterra ameazou con acabar coa tregua con Francia, e o rei dese país enviou unha embaixada, composta por Xoán, duque de Normandía, o seu herdeiro, Eudes IV de Borgoña e Henrique IV de Bar, primo do rei de Inglaterra, ao papa Clemente VI para que este impuxese unha nova tregua. Unha epidemia obrigounos a abandonar a cidade de Aviñón e a embaixada dirixiuse a Tolosa. Henrique IV contraeu unha enfermidade, deixou aos seus compañeiros en xullo e regresou a Vincennes en outubro. A enfermidade acabou coa súa vida e morreu o 24 de decembro de 1344.

Matrimonio e fillos

[editar | editar a fonte]

Casou en 1338 con Iolanda de Dampierre (1331 - 1395), filla de Roberto de Dampierre, señor de Marle e Cassel, e de Xoana da Bretaña, neta de Roberto III, conde de Flandres, de Iolanda de Borgoña, condesa de Nevers, de Artur II, duque da Bretaña, e Iolanda, condesa de Montfort. Tiveron a:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994