[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Hapkido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estudantes desta arte marcial
Instrutor de Hapkido inspeccionando os hapkidokas no dojang

Hapkido (en coreano [hap][ki][do] escrito en hangul, e escrito [hap][ki][do] con hanja) é o nome dunha arte marcial coreana. O termo pódese interpretar como "a senda da coordinación da enerxía". Os ideogramas que representan o Hapkido son os mesmos do Aikido.

A simple vista é unha combinación de técnicas de taekwondo con outras de aikibudo. O seu ensino está moi enfocado á defensa persoal.

A historia do hapkido é bastante confusa, pero moitas fontes atribúeno a dous coreanos: Choi Yong Sul (1904-1986) e Ji Han Jae (1936-). Cando era neno, Choi foi ao Xapón, onde parece que fixo traballo de criado do mestre do Daito ryu Aiki jutsu, Sokaku Takeda.

Choi demostrou calidades no Daito-ryu Aiki-jutsu e frecuentemente en Takeda enviábao a se enfrontar con outros practicantes de artes marciais. De volta a Corea, Choi empezou a dar clases de artes marciais. Un dos seus alumnos, Ji Han Jae, incorporou técnicas coreanas tradicionais de patadas e puñadas (derivadas do taekkyon e do hwarangdo) e ao repertorio de técnicas resultante deulle o nome de hapkido en 1959. Ademais de Choi e Ji, moitas escolas de artes marciais coreanas tiveron participación no desenvolvemento de varias técnicas que contribuíron ao hapkido tal e como se coñece actualmente.

Principios

[editar | editar a fonte]
  • O Won, (원 o 圓) ou principio do círculo: fala de que a forza do ataque contrario é desviada, controlada e dirixida na dirección desexada en forma de círculos.
  • O Yu, (유 o 柳) ou principio da auga: fala da penetración total da defensa do adversario dunha maneira fluída, flexíbel e cambiante, como o é a auga.
  • O Hwa, (화 o 和) ou principio da harmonía: fala de que non hai que opoñerse á forza do atacante; desta forma pódese utilizar a forza do opoñente a favor propio.

Grandes mestres

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]