[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Kristaps Porziņģis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKristaps Porziņģis

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Liepāja, Letonia Editar o valor en Wikidata
Altura218 cm Editar o valor en Wikidata
Peso112 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaLetonia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Liga ACB Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew York Knicks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2015 Real Betis Baloncesto
2015–2019 New York Knicks
2019–2022 Dallas Mavericks
2022–2023 Washington Wizards
2023– Boston Celtics
Familia
IrmánsJānis Porziņģis Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: kporzee Instagram: kporzee Editar o valor en Wikidata

Kristaps Porziņģis, nado o 2 de agosto de 1995 en Liepāja, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para os Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,18 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Porziņģis comezou a súa carreira en varios equipos da súa localidade natal, antes de fichar polas categorías inferiores do CB Sevilla no ano 2011. Debutou co primeiro equipo o 29 de setembro de 2012, na derrota do Sevilla contra o CB Murcia.[1]

O 25 de xuño de 2015, Porziņģis foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2015 polos New York Knicks.[2] O 30 de xuño de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.[3]

O 31 de xaneiro de 2019, Porziņģis foi traspasado xunto a Trey Burke, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]

O 10 de febreiro de 2022, Porziņģis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 foron traspasados ós Washington Wizards, a cambio de Spencer Dinwiddie e Dāvis Bertāns.[5]

O 22 de xuño de 2023, os Wizards traspasaron a Porziņģis ós Boston Celtics, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marcus Smart ós Grizzlies, e a Tyus Jones, Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics ós Wizards.[6]

  1. "Universidad Catolica De Murcia CB 93, Baloncesto Sevilla 77". RealGM. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  2. "With The No. 4 Pick, The Knicks Select Kristaps Porzingis". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "Knicks Sign Kristaps Porzingis and Jerian Grant". NBA.com. 30 de xullo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2015. 
  4. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  5. "Washington acquires Kristaps Porzingis". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  6. "Boston Celtics Acquire Kristaps Porzingis". NBA.com. 23 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]