Fritz Busch
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1890 Siegen, Alemaña |
Morte | 14 de setembro de 1951 (61 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Director de orquestra |
Ocupación | director de orquestra, director musical, pianista, realizador |
Empregador | Semperoper (en) |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Piano |
Familia | |
Fillos | Hans Busch |
Pai | Wilhelm Busch |
Irmáns | Hermann Busch Adolf Busch |
Fritz Busch, nado en Siegen o 13 de marzo de 1890 e finado en Londres o 14 de setembro de 1951, foi un director de orquestra e pianista alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixiu óperas en Aquisgrán, Stuttgart e Dresden. En 1933 foi despedido da ópera de Dresden por causa da súa oposición ao novo réxime nazi, en Alemaña. Viaxou para a América do Sur e Escandinavia, continuando o seu traballo, antes de devir o director musical do Festival de Ópera de verán de Glyndebourne, en Inglaterra. Ficou nesta cidade até a fin da segunda guerra mundial. Tras a guerra, traballará en América do Sur e mais no Metropolitan Opera, de Nova York.
Busch era irmán do violinista Adolf Busch, e do violoncelista Hermann Busch.