[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Francisco Villar Liébana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Villar Liébana
Biografía
Nacemento23 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Torredonjimeno, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Salamanca Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca (1979–)
Universidade Complutense de Madrid (–1979) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancisco Rodríguez Adrados Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1096072 Dialnet: 242619

Francisco Villar Liébana, nado en Torredonjimeno, Xaén, o 23 de maio de 1942, é un lingüista español especializado en indoeuropeo e paleohispanística, autor de varios traballos fundamentais nestes eidos. É catedrático de lingüística indoeuropea na Universidade de Salamanca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Un Bronce de Botorrita, entre os máis importantes testemuños da lingua celtibérica. Datábel no século I, están redactados en alfabeto ibérico

Discípulo de Francisco Rodríguez Adrados, ten levado a cabo numerosos estudos sobre a Hispania prerromana, contribuíndo entre outras cousas á comprensión dos Bronces de Botorrita (os máis importantes testemuños da lingua celtibérica e, máis amplamente, das linguas célticas continentais) e ao desenvolvemento dos estudos sobre as linguas da Hispania antiga: as chamadas linguas paleohispánicas, do tarteso ao lusitano. Por outra banda ten feito achegas ao desenvolvemento da indoeuropeística, en especial profundando na vertente lingüística da teoría kurgánica proposta por Marija Gimbutas e contrastando por consecuencia coa hipótese anatolia para o proceso de indoeuropeización, avanzada, no ámbito arqueolóxico, por Colin Renfrew; outros campos nos que ten investigado van desde a dialectoloxía indoeuropea á reconstrución dos procesos de indoeuropeización de Eurasia, con particular atención ás contribucións provenientes dos estudos de xenética histórica de Luigi Luca Cavalli-Sforza.

Entre as súas numerosas obras destaca Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia, editado en 1991, traducido a varias linguas e que se converteu en texto de referencia para a indoeuropeística contemporánea.

  • (en castelán) Lenguas y pueblos indoeuropeos, 1971.
  • (en castelán) Origen de la flexión nominal indoeuropea, Madrid, Instituto "Antonio de Nebrija", 1974.
  • (en castelán) Dativo y locativo en el singular de la Flexion Nominal Indoeuropea, Salamanca, Ediciones universidad de Salamanca, 1981.
  • (en castelán) Ergatividad, acusatividad y genero en la familia linguistica indoeuropea, Salamanca, Ed. Universidad de Salamanca, 1983.
  • (en castelán) Los indoeuropeos y los orígenes de Europa. Lenguaje e historia, Madrid, Gredos, 1991 (19962).
  • (en castelán) Estudios de celtibérico y de toponimia prerromana, Salamanca, Universidad, 1995.
  • (en castelán) Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania prerromana. Las poblaciones y las lenguas prerromanas de Andalucia, Cataluña y Aragon según la información que nos proporciona la toponimia, Salamanca, Universidad de Salamanca, 2000.
  • (en castelán) El 4º bronce de Botorrita (Contrebia Belaisca): arqueología y linguistica, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2001.
  • (en castelán) Vascos, Celtas e Indoeuropeos. Genes y lengua (con Blanca M. Prosper), Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2005 ISBN 84-7800-530-7.