[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Francisco Calvo Serraller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Calvo Serraller

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Director de museo Museo do Prado
1993 – 1994
← Felipe Garín Llombart (en) TraducirJosé María Luzón Nogué → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte, profesor universitario, crítico de arte, ensaísta, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade Pública de Navarra Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX827110 Dialnet: 146770

Francisco Calvo Serraller, nado en Madrid o 19 de abril de 1948 e finado, tamén en Madrid, o 16 de novembro de 2018, foi un historiador, ensaísta, crítico de arte e catedrático universitario español.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Conseguiu o doutoramento en Filosofía e Letras na especialidade de Historia da arte pola Universidade Complutense, na que foi catedrático de Historia da arte Contemporánea desde 1989. Foi membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 2001 até o seu falecemento. Foi Director do Museo do Prado durante 200 días. Foi colaborador habitual do diario El País, desde a súa fundación en 1976, especialmente na súa separata Babelia. Foi proposto para ocupar a cátedra de Jorge Oteiza da Universidade Pública de Navarra en substitución de Pedro Manterola. Participou nos cursos de verán e seminarios da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, dirixindo os titulados Las artes de la sensualidad (1988), La escultura actual: nueva dimensión artística en relación con el ámbito internacional (1988), Paisaje artístico para un fin de siglo (1989) e La influencia de Velázquez en el arte contemporáneo (1990).

Entre as exposicións das que foi comisario están Naturalezas españolas (1940-1987), de outubro de 1987 a xuño de 1988; El siglo de Picasso (xaneiro de 1988), englobada xunto con outras tres baixo o título Cinco siglos de arte español. Coordinou a colección "Conceptos fundamentais na Historia da arte Español" da editorial Taurus.

Unha boa parte dos seus traballos centráronse na historia da pintura española entre finais do século XIX e do XX.

O 22 de setembro de 2017 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Salamanca, xunto con Miquel Barceló, nun acto enmarcado dentro da celebración do VIII Centenario da fundación desta Universidade.[3]

Faleceu o 16 de novembro de 2018, aos 70 anos, como consecuencia dunha enfermidade dexenerativa.[4]

Escolma da súa obra

[editar | editar a fonte]
  • España, medio siglo de arte de vanguardia (1985)
  • El arte visto por los artistas (1987)
  • Vanguardia y tradición en el arte español contemporáneo (1989)
  • Pintores españoles entre dos fines de siglo (1990). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420670997
  • La novela del artista (1991)
  • Velázquez (1991). Barcelona: Editorial Empunes. ISBN 84-7596-281-5
  • Teoría de la pintura del Siglo de Oro (1991). Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0283-1
  • Enciclopedia del arte español contemporáneo (1992)
  • Breve historia del Museo del Prado (1994). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420646565
  • La imagen romántica de España. Arte y arquitectura del siglo XIX (1995)
  • El Greco (1995)
  • Las Meninas de Velázquez (1995). Madrid: Tf editores. ISBN 84-89162-36-0.
  • Columnario. Reflexiones de un crítico de arte (1998)
  • El entierro del conde de Orgaz (1999). Electa. ISBN 9788481562064
  • Libertad de exposición. Una historia del arte diferente (2000)
  • El arte contemporáneo (2001)
  • Los géneros de la pintura (2005)
  1. "Un referente del mundo del arte". lavozdegalicia.es. 17-11-2018. Consultado o 17-11-2018. 
  2. Cruz, Juan (16-11-2018). "Muere el catedrático Francisco Calvo Serraller, referencia indiscutible en el mundo del arte". elpais.com. Consultado o 17-11-2018. 
  3. Hermoso, Borja (22-09-2017). "Barceló: “La pintura es una inutilidad esencial”". elpais.com. Consultado o 17-11-2018. 
  4. "Muere Francisco Calvo Serraller, crítico y exdirector del Museo del Prado". abc.es. 16-11-2018. Consultado o 17-11-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Felipe Garín Llombart
Director do Museo do Prado
19931994
Sucesor:
José María Luzón Nogué