Fitoquímica
A Fitoquímica é unha disciplina científica que ten como obxecto o illamento, análise, purificación, elucidación da estrutura e caracterización da actividade biolóxica de diversas substancias producidas polos vexetais.
Características
[editar | editar a fonte]As plantas producen unha diversidade de substancias, produto do metabolismo secundario, algunhas responsables da coloración e arumes de flores e froitos, outras vencelladas coas interaccións ecolóxicas, como é o caso da atracción de polinizadores. Actualmente, demostrouse que principalmente a maioría deles participan no mecanismo de defensa das plantas. Entre estes últimos, considéranse ás fitoalexinas, os alelopáticos, por mencionar algúns. A razón de ser destes metabolitos, chamados tamén fitoquímicos, permite unha gama de usos na agricultura e en medicamentos. Adicionalmente, as múltiples funcións que presentan nos vexetais permite a procura de novos agroquímicos naturais, como insecticidas, herbicidas, reguladores de crecemento etc.
Para o seu estudo a fitoquímica permite illar e identificar os principios activos de numerosas plantas con importante actividade biolóxica, tal é o caso das plantas medicinais. Polo potencial que representan estes metabolitos, as investigacións non só dirixíronse á elucidación de estruturas químicas e avaliación da súa actividade biolóxica mediante bioensaios, senón cara á obtención por cultivo in vitro.