Ferdinand Christian Baur
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1792 Fellbach, Alemaña |
Morte | 2 de decembro de 1860 (68 anos) Tubinga, Alemaña |
Lugar de sepultura | Cemitério Municipal de Tübingen (pt) |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Universidade de Tubinga Tübinger Stift (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tubinga |
Ocupación | teólogo, profesor universitario, historiador da igrexa, escritor |
Empregador | Universidade de Tubinga |
Alumnos | Otto Pfleiderer (pt) |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Баур Фердинанд Кристиан) Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Baur, Ferdinand Christian (1792-1860)) Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Ferdinand Christian Baur, nado en Fellbach o 21 de xuño de 1792 e finado en Tubinga o 2 de decembro de 1860, foi un teólogo protestante alemán, líder da escola de Tübingen de teoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Schmiden, preto de Canstatt. Estudou no seminario de Blaubeuren e despois na Universidade de Tübingen, nun primeiro momento baixo a influencia da antiga escola de Tübingen, pero a influencia dos filósofos Immanuel Fichte e Friedrich Schelling xa se comezaba a facer notar. En 1817 volta ao seminario de Blubeuren como profesor. En 1824 publicou o seu primeiro traballo importante Symbolik und Mythologie oder die Naturreligion des Altertums ("O simbólico e a mitloxía na relixión natural dos antigos"), xa cunha forte influencia de Schelling e sobre todo de Friedrich Schleiermacher e por mor del chamárono para dar clases en Tübingen como profesor de teoloxía. Por esa época adoptou a filosofía hegeliana da historia e estudou a historia do cristianismo e das doutrinas da Biblia dende ese punto de vista, rexeitou a autenticidade de moitos libros bíblicos empregando técnicas literarias e filosóficas. En 1831 publicou Das manichäische Religionssystem ("O sistema relixioso maniqueo") e en 1835 Die christliche Gnosis ("Gnose cristiá") e Uber das Christliche im Platonismus oder Socrates und Christus ("A cristianidade no platonismo: Sócrates e Cristo") en 1837.
{{ORDENAR:Baur, Ferdinand Christian]]