[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Factor reumatoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O factor reumatoide (FR ou RF polas súas siglas en inglés) é o primeiro autoanticorpo que se encontrou na artrite reumatoide. Defínese como un anticorpo contra a porción Fc da IgG e diferentes factores reumatoides poden recoñecer distintas partes do complexo IgG-Fc.[1] O factor reumatoide e a IgG únense para formar inmunocomplexos que contribúen ao proceso da enfermidade.[2]

O factor reumatoide pode tamén ser unha crioglobulina (anticorpo que precipita ao arrefriar unha mostra de sangue); pode ser unha crioglobulina de tipo 2 (IgM monoclonal a IgG policlonal) ou tipo 3 (IgM policlonal a IgG policlonal).

Aínda que se encontra predominantemente como IgM, o factor reumatoide pode ser de calquera dos isotipos de inmunoglobulinas, é dicir, IgA, IgG, IgM,[3] IgE,[4] e IgD.[5]

Probas diagnósticas

[editar | editar a fonte]

O factor reumatoide avalíase a miúdo en pacientes dos que se sospeita que teñen algún tipo de artrite, incluso se os resultados positivos poden deberse a outras causas, e os resultados negativos non descartan a enfermidade. Pero, en combinación con outros signos e síntomas, pode ser importnte para o diagnóstico e a prognóstico da enfermidade. Forma parte dos criterios habituais utilizados para distinguir a artrite reumatoide.[6]

A presenza do factor reumatoide no soro sanguíneo pode tamén indicar a presenza de actividade autoinmune non relacionada coa artrite reumatoide, como a asociada co rexeitamento de tecidos ou órganos trasplantados. Nese casos, o factor reumatoide pode servir como un dos varios marcadores serolóxicos para a autoinmunidade.[7] A sensibilidade do factor reumatoide pola artrite reumatoide establecida é de só o 60-70% cunha especificidade do 78%.[8]

Interpretación

[editar | editar a fonte]

Encóntranse altos niveis de factor reumatoide (en xeral de máis de 20 IU/mL, 1:40, ou máis do percentil do 95, aínda que hai certa variación entre os laboratorios) na artrite reumatoide (presente no 80%) e a síndrome de Sjögren (presente no 70%).[9] Tamén se encontra na infección polo virus de Epstein–Barr ou parvovirus e en do 5 ao 10% de persoas sas, especialmente as vellas.

Hai unha asociación entre o factor reumatoide e a sinovite máis persistentemente activa, e con máis danos articulares, maior discapacidade final e artrite.[10][11]

Ademais da artrite reumatoide, o factor reumatoide pode tamén ser elevado en:[12]

O test foi descrito primeiramente polo médico noruegués Erik Waaler en 1940 e redescrito polo doutor Harry M. Rose e coleagas en 1948. Dise que a redescrición se debeu a incertezas debidas á Segunda guerra mundial. Aínda hoxe se denomina test de Waaler-Rose.[18][19]

  1. Falkenburg, W.J.J. (November 2015). "IgG Subclass Specificity Discriminates Restricted IgM Rheumatoid Factor Responses From More Mature Anti–Citrullinated Protein Antibody–Associated or Isotype-Switched IgA Responses". Arthritis & Rheumatology 67 (12): 3124–3134. PMID 26246004. doi:10.1002/art.39299. 
  2. Edkins A, Cushley W (2012). "The Jekyll and Hyde nature of antibodies". Biological Sciences Review 25 (2): 4. 
  3. Hermann, E; Vogt, P; Müller, W (1986). "Rheumatoid factors of immunoglobulin classes IgA, IgG and IgM: Methods of determination and clinical value". Schweizerische Medizinische Wochenschrift 116 (38): 1290–7. PMID 3775335. 
  4. Herrmann, D; Jäger, L; Hein, G; Henzgen, M; Schlenvoigt, G (1991). "IgE rheumatoid factor. Occurrence and diagnostic importance in comparison with IgM rheumatoid factor and circulating immune complexes". Journal of Investigational Allergology & Clinical Immunology 1 (5): 302–7. PMID 1669588. 
  5. Banchuin, N; Janyapoon, K; Sarntivijai, S; Parivisutt, L (1992). "Re-evaluation of ELISA and latex agglutination test for rheumatoid factor detection in the diagnosis of rheumatoid arthritis". Asian Pacific Journal of Allergy and Immunology 10 (1): 47–54. PMID 1418183. 
  6. Medscape - EMedicine Rheumatoid Arthritis workup
  7. Rostaing, Lionel; Modesto, Anne; Cisterne, Jean Marc; Izopet, Jacques; Oksman, Françoise; Duffaut, Michel; Abbal, Michel; Durand, Dominique (1998). "Serological Markers of Autoimmunity in Renal Transplant Patients with Chronic Hepatitis C". American Journal of Nephrology 18 (1): 50–6. PMID 9481439. doi:10.1159/000013304. 
  8. Nishimura, K; Sugiyama, D; Kogata, Y; Tsuji, G; Nakazawa, T; Kawano, S; Saigo, K; Morinobu, A; Koshiba, M; Kuntz, KM; Kamae, I; Kumagai, S (5 June 2007). "Meta-analysis: diagnostic accuracy of anti-cyclic citrullinated peptide antibody and rheumatoid factor for rheumatoid arthritis.". Annals of Internal Medicine 146 (11): 797–808. PMID 17548411. doi:10.7326/0003-4819-146-11-200706050-00008. 
  9. "Rheumatoid Factor - Patient UK". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2019. 
  10. MedicineNet Rheumatoid Factor Blood Test Meaning and Levels
  11. The Arthritis Association Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., Informe de MHC 19.2
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 RxList Rheumatoid factor blood test
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Rheumatoid factor - Mayo Clinic". 
  14. U Nowak, K Gill, E Skamene, e M M Newkirk. Rheumatoid factor induction in murine models of liver injury. Clin Exp Immunol. 2007 Feb; 147(2): 324–329. doi: 10.1111/j.1365-2249.2006.03277.x. PMCID: PMC1810466. PMID 17223974.
  15. Garcia-De La Torre, Ignacio (1993). "Autoimmune phenomena in leprosy, particularly antinuclear antibodies and rheumatoid factor.". The Journal of Rheumatology 20 (5): 900–3. PMID 8336322. 
  16. Atta, AM (2007). "Serum markers of rheumatoid arthritis in visceral leishmaniasis: rheumatoid factor and anti-cyclic citrullinated peptide antibody.". Journal of Autoimmunity 28 (1): 55–8. PMID 17257811. doi:10.1016/j.jaut.2006.12.001. 
  17. 17,0 17,1 MedicalNewsToday Rheumatoid Factor
  18. Waaler, Erik (2009). "On the Occurrence of a Factor in Human Serum Activating the Specific Agglutination of Sheep Blood Corpuscles". Acta Pathologica et Microbiologica Scandinavica 17 (2): 172–188. doi:10.1111/j.1699-0463.1940.tb01475.x.  reproduced in Waaler, E (2007). "On the Occurrence of a Factor in Human Serum Activating the Specific Agglutintion of Sheep Blood Corpuscles". APMIS 115 (5): 422–38; discussion 439. PMID 17504400. doi:10.1111/j.1600-0463.2007.apm_682a.x. 
  19. Rose, HM; Ragan, C (1948). "Differential agglutination of normal and sensitized sheep erythrocytes by sera of patients with rheumatoid arthritis". Proceedings of the Society for Experimental Biology and Medicine 68 (1): 1–6. PMID 18863659. doi:10.3181/00379727-68-16375. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]