Fornela dos Mouros
A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Descrición
[editar | editar a fonte]Data de entre o 2500 e o 2000 a. de C. Presenta planta rectangular e está ergueito por tres lousas verticais cunha horizontal a modo de cuberta. Ten 1,35 metros de alto e 2,57 metros de largo. A pedra da cuberta mide 2,70 metros.
Pola súa forma relaciónase con outros dolmens da zona como a Casota de Freáns, no veciño concello de Vimianzo. Os historiadores cuestionan a súa consideración de dolmen por mor das súas reducidas dimensións e a súa localización nun lugar rochoso, que fan pensar nun sitio pouco propicio para os soterramentos. Argumentan que probablemente se trate dunha desas arcas megalíticas cadradas ou rectangulares, con cuberta única e de feitura moi coidada, antecedentes do que serían as cistas de inhumación individual que apareceron en Galicia a partir da Idade de Bronce.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fornela dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Fornela dos Mouros na web do Concello de Laxe.