[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Estatuto de autonomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Réxime de acceso estatutario segundo comunidade e ano de aprobación do primeiro estatuto     Vía lenta. Autonomía reducida (art. 143)      Vía especial. Nacionalidades históricas (art. 151)      Vía excepcional. Amelloramento de Navarra, Ceuta e Melilla (art. 144)

O estatuto de autonomía é a norma básica dos distintos gobernos das comunidades autónomas do Estado español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Os estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado pero o seu réxime de elaboración e aprobación é diferente do resto de leis orgánicas ou ordinarias. Estas, teñen o rango de Lei orgánica e polo tanto, necesitan unha votación favorábel da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados español.

Hai dúas formas de acceder á autonomía, por medio do artigo 143 da Constitución española, accédese á autonomía "reducida" que foi ideada para as comunidades "non históricas", é dicir, todas aquelas que non aprobaran un estatuto de autonomía durante a II República.

Poden acceder a ela tódalas provincias contiguas que teñan elementos históricos, culturais e territoriais comúns.
Tamén se pode formar unha comunidade autónoma, cando así o exprese o interese xeral, que vén determinado polas Cortes Xerais.

En troques, para Cataluña, Galiza e o País Vasco, consideradas nacionalidades históricas, o artigo 151 da Constitución española prevé unha forma de acceso máis rápido á autonomía plena.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]