[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Estados membros da OTAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
embros da OTAN resaltados en azul.
Cronoloxía dos países que deveñen membros da OTAN ata 2020. Os países marcados en azul escuro eran xa membros da OTAN nese momento, mentres que os países marcados co azul claro indican os novos membros.

A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia. Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.[1]

Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia. Entre 1994 e 1997, creáronse foros máis amplos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños, como a Asociación para a Paz, a iniciativa do Diálogo mediterráneo e o Consello de Asociación Euro-Atlántico.

Todos os membros teñen exércitos, agás Islandia, que non posúe un exército típico (mais ten unha garda costeira e unha pequena unidade de especialistas civís para as operacións da OTAN). Tres dos membros da OTAN son países con armamento nuclear: Francia, Reino Unido e Estados Unidos. A OTAN conta con 12 estados membros fundadores. Tres novos estados asociáronse entre 1952 e 1955, e un cuarto membro uniuse en 1982. Dende 1999 a 2020, despois da fin da Guerra Fría, a OTAN engadiu 14 membros máis.

Actualmente a OTAN recoñece a Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, e Ucraína como membros candidatos na súa política de ampliación de Portas Abertas.[2]

Fundación e cambios na afiliación

[editar | editar a fonte]

Dezaoito estados uníronse á OTAN dende a súa fundación en 1949 por 12 países (Bélxica, Canadá, Dinamarca, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos). O maior aumento de membros produciuse en 2004 cando se uniron 7 países. Ata agora, ningún país saíu da alianza.

As adicións do século XX inclúen a Grecia e Turquía en 1952, Alemaña do Oeste en 1955, e España en 1982. Tres países do antigo Pacto de Varsovia, Hungría, República Checa e Polonia adheríronse en 1999. Coa reunificación alemá en 1990 incorporouse o territorio da antiga Alemaña do Leste. En maio do 2000, 10 países do Báltico e de Europa do Leste formaron o grupo Vilnius para cooperar para afiliación na OTAN.

As adicións do século XXI comezaron en 2004 cando se uniron sete estados do grupo Vilnius (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia). Os tres restantes asociáronse posteriormente, Albania e Croacia en 2009 e Macedonia do Norte en 2020. Montenegro uniuse en 2017.

Países membros

[editar | editar a fonte]
Bandeira Mapa Estado membro Capital Adhesión[3] Poboación Área[4]
Albania Tirana 1 de abril de 2009 3,088,385 28 748 km2 (11 100 sq mi)
Alemaña[5] Berlín 8 de maio de 1955 79,903,481 357 022 km2 (137 847 sq mi)
Bélxica Bruxelas 24 de agosto de 1949 11,778,842 30 528 km2 (11 787 sq mi)
Bulgaria Sofía 29 de marzo de 2004 6,919,180 110 879 km2 (42 811 sq mi)
Canadá Otava 24 de agosto de 1949 37,943,231 9 984 670 km2 (3 855 103 sq mi)
Croacia Zagreb 1 de abril de 2009 4,208,973 56 594 km2 (21 851 sq mi)
Dinamarca Copenhague 24 de agosto de 1949 5,894,687 42 943 km2 (16 580 sq mi)[6]
Eslovaquia Bratislava 29 de marzo de 2004 5,436,066 49 035 km2 (18 933 sq mi)
Eslovenia Liubliana 29 de marzo de 2004 2,102,106 20 273 km2 (7 827 sq mi)
España Madrid 30 de maio de 1982 47,260,584 505 370 km2 (195 124 sq mi)
Estados Unidos Washington, D.C. 24 de agosto de 1949 334,998,398 9 833 520 km2 (3 796 743 sq mi)
Estonia Talín 29 de marzo de 2004 1,220,042 45 228 km2 (17 463 sq mi)
Francia París 24 de agosto de 1949 68,084,217 643 427 km2 (248 429 sq mi)
Grecia Atenas 18 de febreiro de 1952 10,569,703 131 957 km2 (50 949 sq mi)
Hungría Budapest 12 de marzo de 1999 9,728,337 93 028 km2 (35 918 sq mi)
Islandia Reiquiavik 24 de agosto de 1949 354,234 103 000 km2 (39 769 sq mi)
Italia Roma 24 de agosto de 1949 62,390,364 301 340 km2 (116 348 sq mi)
Letonia Riga 29 de marzo de 2004 1,862,687 64 589 km2 (24 938 sq mi)
Lituania Vilnius 29 de marzo de 2004 2,711,566 65 300 km2 (25 212 sq mi)
Luxemburgo Luxemburgo 24 de agosto de 1949 639,589 2 586 km2 (998 sq mi)
Macedonia do Norte Skopje 27 de marzo de 2020 2,128,262 25 713 km2 (9 928 sq mi)
Montenegro Podgorica 5 de xuño de 2017 607,414 13 812 km2 (5 333 sq mi)
Noruega Oslo 24 de agosto de 1949 5,509,591 323 802 km2 (125 021 sq mi)
Países Baixos Ámsterdam 24 de agosto de 1949 17,337,403 41 543 km2 (16 040 sq mi)
Polonia Varsovia 12 de marzo de 1999 38,185,913 312 685 km2 (120 728 sq mi)
Portugal Lisboa 24 de agosto de 1949 10,263,850 92 090 km2 (35 556 sq mi)
Reino Unido Londres 24 de agosto de 1949 67,081,000 243 610 km2 (94 058 sq mi)
República Checa Praga 12 de marzo de 1999 10,702,596 78 867 km2 (30 451 sq mi)
Romanía Bucarest 29 de marzo de 2004 21,230,362 238 391 km2 (92 043 sq mi)
Turquía Ancara 18 de febreiro de 1952 82,482,383 783 562 km2 (302 535 sq mi)
  1. "Frequently Asked Questions About NATO:". 1949-04-04. Consultado o 2008-06-16. 
  2. "he most important players in the North Atlantic Treaty Organization are the member countries themselves.". n.d. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  3. "Member countries". 24 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  4. "NATO intelligence". Consultado o 3 de marzo de 2011. 
  5. Alemaña uniuse orixinariamente á OTAN como Alemaña do Oeste. O antigo estado de Alemaña do Leste pasou a formar parte da OTAN despois da reunificación alemá.
  6. "AREA". Statistics Denmark. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2022.