Estación de Zumarraga
Zumarraga | |
---|---|
Situación | Zumarraga (Guipúscoa) |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity |
Media distancia | MD, Intercity |
Cercanías | Proximidades Renfe Donostia |
A estación de Zumarraga é unha estación de tren de Adif do concello de Zumarraga, en Guipúscoa. Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia. Ten tamén funcións loxísticas.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 565,486 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 355,89 metros de altitude.[1] O tramo é de vía dobre e está electrificado.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 20 de agosto de 1864 coa posta en marcha do tramo Olazti-Beasain da liña radial Madrid-Hendaia.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]Zumarraga dispón dun importante edificio para viaxeiros de tres plantas e amplo tellado en pico de dúas vertentes que segue o estilo da arquitectura tradicional da zona. Unhas columnas de pedra adornan a entrada principal. A estación dispón de dúas vías principais (vías 1 e 2) e de tres derivadas (vías 4, 6 e 8).[3] Destas as vías 1, 2 e 4 teñen acceso a plataforma. Ademais conta con seis vías mortas. A 5 e a 7 teñen acceso á plataforma lateral, non así a 7B, 9, 11 e 13 agrupadas todas nunha mesma zona e usadas habitualmente para carga e descarga de mercadorías.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observación |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún | Hendaia | 2 trens diarios por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún | Hendaia | 2 trens diarios por sentido |
Intercity | Hendaia | Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela | A Coruña | 1 tren diario por sentido |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
MD Intercity |
Irún | Madrid-Chamartín | ||
25 | MD | Irún | Vitoria Miranda de Ebro |
Proximidades
[editar | editar a fonte]É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo.
<< cabeceira | < estación | liña | estación > | cabeceira >> |
---|---|---|---|---|
Irún | Ormaiztegi | Legazpi | Brinkola |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zumárraga (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ Ficha técnica Adif