Eric Idle
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1943 (81 anos) South Shields, Reino Unido |
Residencia | Studio City |
Educación | Universidade de Cambridge Pembroke College (pt) Royal Wolverhampton School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, escritor, dramaturgo, guitarrista, letrista, director de cinema, cantautor, guionista, novelista, actor, humorista, actor de televisión |
Período de actividade | 1967 - |
Membro de | |
Instrumento | Guitarra |
Familia | |
Cónxuxe | Tania Kosevich (1981–) Lyn Ashley (1969–1975), divorcio |
Parentes | Peter Oundjian, curmán entregue Duncan Jones, afilhado |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | ericidle.com |
|
Eric Idle, nado en South Shields, no Condado de Durham, o 29 de marzo de 1943, é un músico e humorista británico, membro do grupo de actuación humorístico Monty Python.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de literatura inglesa na Universidade de Cambridge.
Idle, o músico do grupo, é o compositor de boa parte das cancións das películas do grupo (non así da canción da serie de televisión Monty Python's Flying Circus, unha marcha popular chamada freedom bell). En Monty Python's Life of Brian canta a máis popular canción dos Python, Always Look On The Bright Side Of Life, e tamén canta a canción principal de The Meaning of Life. Idle é coñecido polo uso de perrucas ridículas (unha das raras ocasións en que non usa perruca é na escena final de Monty Python's Life of Brian), e polos seus exasperantes papeis, como "o home invisíbel", "o home das fotos", ou "o home que quería unha formiga". Idle interpretou o "valiente" Sir Robin en the Holy Grail.
Púxolle voz ó personaxe de Rincewind nas videoaventuras DiscWorld e DiscWorld II, así como ó Dr. Vosnocker en South Park: Bigger, Longer & Uncut.
Tamén foi fundador, compositor e membro do grupo The Rutles, parodia do grupo de Liverpool The Beatles.