Ellie Goulding
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elena Jane Goulding 30 de decembro de 1986 (37 anos) Hereford (Reino Unido) |
Residencia | Londres |
Educación | Universidade de Kent - sen valor Lady Hawkins' School (en) Hereford Sixth Form College (en) |
Altura | 165 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora, actriz, compositora de cancións, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Synthpop, electropop, indie pop, folktrónica, rock alternativo, Música alternativa, Dream pop e indietronica (pt) |
Influencias | |
Patrimonio estimado | 16.000.000 £ (xullo de 2020) |
Tesitura | Soprano e alto (pt) |
Instrumento | Voz, guitarra, piano, clarinete, Mandolina, pandeireta e Tambor |
Selo discográfico | Neon Gold Records (pt) Cherrytree Records (pt) Polydor Records Interscope Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Caspar Jopling (2019–2024) |
Parella | Caspar Jopling (2017–2024) Dougie Poynter (2014–2016) Jeremy Irvine (2013–2013) Skrillex (2012–2012) Greg James (2010–2012) |
Sitio web | elliegoulding.com |
|
Elena Jane Goulding, nada en Herefordshire o 30 de decembro de 1986, é unha cantante, compositora e multiinstrumentista inglesa, máis coñecida como Ellie Goulding. Saltou á fama en 2009 logo de gañar a enquisa «Sound of 2010» realizada pola BBC. Ademais por recibir o premio á elección dos críticos nos premios Brit.1
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende moi nova, Ellie mostrou grande interese pola música. Aprendeu a tocar o clarinete e a guitarra antes dos quince anos, ademais de graduarse na Universidade de Kent en teatro. Sen moito éxito, comezou a promocionarse no seu país natal co lanzamento do seu primeiro EP chamado An Introduction to Ellie Goulding e o seu primeiro sinxelo «Under the Sheets». Posteriormente lanzou «Starry Eyed» e o seu primeiro álbum de estudio Lights. Ámbolos dous situáronse nas cinco primeiras posicións do UK Singles Chart e UK Albums Chart. Concretamente, Lights debutou como número un. Os dous sinxelos que seguiron, «Guns and Horses» e «The Writer», non puideron lograr os dez primeiros postos no Reino Unido. Tras a súa participación no iTunes Festival de 2010, publicou un EP coas cancións en vivo que interpretou e ademais «Run Into the Light». Dado o pouco tempo que tivo para traballar no seu disco, Ellie comezou unha reedición de Lights chamada Bright Lights, cunha versión de «Your Song» e un novo tema chamado «Lights» como principais sinxelos. O primeiro destes situouse na segunda posición das listas do Reino Unido, mentres que o segundo a cuadraxésimo novena. A pesar disto, «Lights» converteuse nun éxito en Norteamérica, xa que alcanzou a segunda posición nas listas estadounidenses e a sétima nas do Canadá. Ademais, vendeu máis de tres millóns de copias nos Estados Unidos.
Grazas a todo o éxito obtido no 2010, Ellie recibiu dous nomeamentos ós premios Brit de 2011, aínda que non resultou gañadora en ningún deles. Igualmente gañou un Glamour Award á revelación do ano. Logo, «Anything Could Happen» converteuse no sétimo sinxelo da cantante. Este logrou a quinta posición no Reino Unido e aínda que non acadou unha alta posición nos Estados Unidos, vendeu un millón de copias. Para seguir coa promoción de Halcyon, o seu novo álbum, Ellie lanzou «Figure 8» e «Explosions». O primeiro sinxelo non tivo éxito comercial, salvo en Finlandia e Nova Zelandia, mentres que o segundo contou cunha boa recepción no Reino Unido. Con todo, o álbum debutou como número dous en UK Albums Chart. Logo a cantante recibiu un nomeamento ós Teen Choice Awards, coma artista revelación, pero non conseguiu gañar. Ao igual que co seu primeiro disco, Ellie reeditou e relanzou Halcyon como Hacyon Days. O sinxelo líder, «Burn» logrou unha boa recepción comercial ao redor do mundo. Concretamente, converteuse no primeiro número 1 de Ellie no Reino Unido ademais do seu primeiro top dez en Alemaña e Australia.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Álbums de estudio
- An Introduction to Ellie Goulding (2009)
- iTunes Festival: London 2010 (2010)
- Run Into the Light (2010)
- Live at Amoeba San Francisco (2011)
- iTunes Festival: London 2012 (2012)
- iTunes Festival: London 2013 (2013)
- iTunes Session (2013)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira Ellie foi nomeada a gran variedade de premios. A pesar de que a gran maioría das veces non resultou vitoriosa, ten no seu poder un BRIT, o premio máis importante outorgado no Reino Unido. A continuación, unha lista con todas as candidaturas da cantante:
Ano | Premio | Traballo nomeado | Categoría | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
BBC Sound of... | Ellie Goulding | Son do 2010 | Gañadora | ||
Brit Awards | Elección dos críticos | Gañadora | |||
Q Awards | Mellor artista feminina | Nomeada | [1] | ||
Mellor artista novo | Nomeada | ||||
BT Digital Music Awards | Mellor artista feminina | Nomeada | [2] | ||
Brit Awards | Mellor artista británica | Nomeada | [3] | ||
Mellor artista novo británico | Nomeada | ||||
Glamour Magazine Awards | Revelación do ano | Gañadora | [4] | ||
Teen Choice Awards | Elección musical: artista revelación | Nomeada | [5] | ||
MTV Europe Music Awards | Mellor artista británico/irlandés | Nomeada | [6][7] | ||
BBC Radio 1 Teen Awards | Mellor artista británico solista | Nomeada | [8][9] | ||
«Burn» | Mellor sinxelo británico | Nomeada | |||
Brit Awards | Ellie Goulding | Mellor artista británica | Pendente | [10] | |
«Burn» | Mellor sinxelo británico | Pendente |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellie Goulding |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Q Awards winners 2010". Metro (en inglés). 25 de outubro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ "BT Digital Music Awards winners". Music Week (en inglés). 1 de outubro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ "Brit Awards 2011: Winners". BBC (en inglés). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Full list of GLAMOUR 2011 Awards Winners". Glamour (en inglés). 7 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ "Teen Choice Awards 2012: Complete Winners List". MTV (en inglés). 22 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2013.
- ↑ "Conoce los nominados a los MTV EMA 2013". Caracol. 17 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013.
- ↑ "YOUR LOCAL EMA WINNER IS… ONE DIRECTION". MTV (en inglés). 25 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013.
- ↑ "Nominations announced for Radio 1’s Teen Awards 2013". BBC (en inglés). 15 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013.
- ↑ "Double award for One Direction". Express & Star (en inglés). 3 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 3 de novembro de 2013.
- ↑ Daniel Lane (9 de xaneiro de 2014). "The BRIT Awards 2014: The nominations revealed in full!". The Official UK Charts Company (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2014.