Efialtes
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Efialtes (en grego Ἐφιάλτης, ‘o que salta’) pode referirse a:
Varios personaxes históricos:
- Efialtes de Atenas, político reformador ateniense (m. -431).
- Efialtes de Tesalia, pastor grego que traizoou ao rei espartano Leónidas no ano -480 na batalla das Termópilas.
Varios personaxes da mitoloxía grega:
- Efialtes (fillo de Ifimedia), un xigante fillo de Ifimedia e Aloeo ou Poseidón e irmán xemelgo de Oto. Os dous irmáns, chamados os Alóadas polo nome do marido de Ifimedia, pretendían derrocar a Zeus e colocaron o monte Pelión sobre o Osa para chegar até o ceo.
- Efialtes, outro xigante, fillo de Xea, que participou na xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses. Morreu cando Apolo lle atravesou coa súa frecha o ollo esquerdo e Heracles fixo o propio co dereito.
- Efialtes, un dos cincuenta fillos de Exipto que morreu na súa noite de vodas a mans da súa esposa Arsalte, incitada polo seu pai.
- Efialtes, a personificación dos pesadelos. Bernard de Montfaucon, na súa obra L'Antiquité expliquée et représentée en figures menciona aos efialtes ou hifialtes (en plural) como equivalente grego dos íncubos e súcubos latinos, espíritos que adoptaban a forma de homes ou mulleres respectivamente para atormentar aos humanos introducíndose nos seus soños.
Patoloxía psicolóxica:
- Efialtes (enfermidade), trastorno do sono, manifestación particular dun episodio de “parálise do sono”.