Edda prosaica
Edda prosaica | |
---|---|
Portada da Prose Edda do manuscrito do século XVIII que amosa a Odín, Heimdallr, Sleipnir e outras figuras da mitoloxía nórdica. | |
Título orixinal | Prose Edda |
Autor/a | Snorri Sturluson |
Orixe | Islandia |
Lingua | islandés antigo |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Varios |
Data de pub. | Arredor do 1220 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Edda prosaica, coñecida tamén como Edda menor ou a Edda de Snorri é un manual de poética islandés escrito por Snorri Sturluson que contén moitas historias da mitoloxía nórdica. O seu propósito foi permitir ós poetas e lectores islandeses entender a sutileza do verso aliterativo, e comprender o significado agochado dos moitos kenningars que eran empregados na poesía escáldica.
Contido
[editar | editar a fonte]Foi escrita arredor do ano 1220 e sobreviviu en sete manuscritos principais, escritos entre o 1300 e o 1600.
A Edda prosaica contén tres seccións diferentes: Gylfaginning (preto de 20.000 palabras), Skáldskaparmál (50.000 palabras) e Háttatal (20.000 palabras). Ademais ten unha introdución chamada Bragarædur.
A primeira (Bragarædur) é unha introdución evemerista, a segunda (Gylfaginning) expón baixo a forma da visión dun imaxinario rei Gylfi un tratado de mitoloxía, a terceira (Skáldskaparmál), que forma en volume a metade da obra e a cuarta (Háttatál) son compendios de metros escáldicos e recursos de expresión. Snorri Sturluson usou non só a Edda poética senón diversas fontes que nos son descoñecidas e parece claro que coñecía versións diversas dunha mesma lenda.