Economía social
A economía social ou economía social e solidaria engloba as iniciativas socioeconómicas, formais ou informais, individuais ou colectivas, que priorizan a satisfacción das necesidades das persoas por riba do lucro.[1]
Coñecido tamén como terceiro sector, inclúe a cooperativas, empresas de traballo asociado, Sociedades Laborais, organizacións non lucrativas, asociacións caritativas, empresas de inserción, mutuas ou mutualidades e micro emprendementos asociativos. Cabe mencionar que a "Economía Social" non debe confundirse co programa de "Economía Social de Mercado", o cal foi aplicado na Alemaña Federal da posguerra. A "Economía Social" é unha lóxica micro, mentres que a "Economía Social de Mercado" parte de políticas de ordenamentos e de proceso.[2]
De economía social creouse en 2018 na Galiza a asociación Foro pola Economía Social Galega formada pola Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Economía Social y Solidaria". Ajuntament de Barcelona. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.(en castelán)
- ↑ Noya, Miguel (7 de setembro de 2018). "Domínguez: “La economía social es un antídoto contra el empleo precario”". Cinco Días (en castelán) (España). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "O Foro pola Economía Social Galega nace da man das cinco entidades máis representativas". Espazo coop. 14 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|