Enrique Pereira Borrajo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 |
Morte | 27 de decembro de 1967 (98/99 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, emprendedor, xornalista |
Enrique Pereira Borrajo, nado en 1868 e finado en Vigo o 27 de decembro de 1967, foi un avogado, empresario e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1892). Foi director de La Vanguardia e colaborou en Faro de Vigo. Foi un dos fundadores da Asociación da Prensa de Vigo. Foi oficial do concello e concelleiro de Vigo. Foi axente de seguros e presidente da Cámara da propiedade Urbana de Vigo. Finou en Vigo o 27 de decembro de 1967.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo con Asunción García en 1903.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 30-12-1967, p. 4.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Pereira Borrajo |