Distrito de Évora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Évora | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.454 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-07 | ||||
Sitio web | gov-civil-evora.gov.pt |
Évora é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Alto Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Santarém e o Distrito de Portalegre, ao leste con España, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co Distrito de Setúbal. Abrangue unha área de 7393 km², o cal o converte no segundo maior distrito portugués, só superado polo de Beja. Conta cunha poboación residente de 170.535 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Évora.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O distrito de Évora subdivídese nos seguintes 14 concellos:
- Alandroal
- Arraiolos
- Borba
- Estremoz
- Évora
- Montemor-o-Novo
- Mora
- Mourão
- Portel
- Redondo
- Reguengos de Monsaraz
- Vendas Novas
- Viana do Alentejo
- Vila Viçosa
Na división de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión Alentexo e corresponde case integramente á subrexión do Alentexo Central, que se completa cun concello do Distrito de Portalegre: Sousel. Mora, en contrapartida, intégrase na subrexión do Alto Alentexo. En resumo:
- Rexión Alentexo
Xeografía física
[editar | editar a fonte]A xeografía física do distrito de Évora é bastante uniforme, dominada case por completo por unha paisaxe de chaira, con altitudes que na maior parte do territorio oscilan entre os 200 e os 400 m, interrompida por vales e serras con vertentes pouco inclinadas e sementada de encoros relativamente extensos.
A única excepción é o val do río Guadiana, que atravesa o extremo sueste do distrito e que por veces é bastante profundo. Destaca a rexión de Alqueva, onde o val chega ter máis de 100 m de profundidade relativa cos terreos circundantes. Por ese motivo, escolleuse esa localización para a construción do encoro de Alqueva, que de estar completamente cheo orixina o maior lago artificial de Europa.
O Guadiana é o centro dunha das tres concas hidrográficas nas que se divide o distrito, sendo a súa a que máis territorio ocupa no distrito. Os seus afluentes son unha serie de regatos que, en xeral, corren de noroeste a sueste e desaugan na marxe dereita do río (Degebe, Álamo, Azebel, Lucefece), aínda que a marxe esquerda tamén recibe o regato de Alcarache, que ven de España e flúe de nordeste a suroeste. O terzo occidental do distrito divídese entre as concas hidrográficas do Sado, ao sur, e do Texo, ao norte. Cara ao Sado flúen ríos e regatos cun curso xeralmente de nordeste a suroeste ou de leste a oeste (río Xarama e regato de Odivelas, Alcáçovas, São Cristóvão, São Martinho, Marateca etc.); cara ao Tejo corren regatos que no distrito teñen un curso xeralmente de sueste a noroeste (regatos de Canha, Lavre, Vide, Divor, Raia etc.).
A maior parte destes pequenos cursos de auga nacen nunha das serras de pequena altitude que interrompen a chaira: a serra de Monfurado ao oeste (424 m de altitude máxima), a serra de Mendro ao sur (412 m) e a serra de Ossa ao norte (653 m).
O distrito ten bastantes encoros. Alén do mencionado encoro de Alqueva no Guadiana, está o encoro de Monte Novo no regato de Degebe, a albufeira de Torres no regato de Azambuja, o encoro da Vigia nun afluente do regato de Pardiela, o encoro de Lucefece no regato homónimo, o encoro do Alvito (aínda que a presa estea no distrito de Beja) no regato de Odivelas, o encoro de Nossa Senhora da Tourega no regato das Alcáçovas e o encoro do Divor no regato homónimo. Hai aínda varios encoros máis pequenos.
Varios monumentos e lugares importantes, especialmente o Templo Romano, a Sé, a Biblioteca Pública, numerosas igrexas, o Palácio de D. Manuel, a Praça do Giraldo, entre outros.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Cidade de Évora, que é Patrimonio da Humanidade, co seu Templo Romano e a súa Sé entre outros monumentos.
- Castelo e Pazo Ducal de Vila Viçosa
- Vila e castelos de Estremoz
- Castelo de Montemor-o-Novo
- Fortificacións da Vila de Monsaraz
- Castelo de Arraiolos