[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Diego Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Seoane

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Diego Seoane Pérez Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade27 de xaneiro de 2010 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2008 cesión   SD Ciudad de Santiago 25(0)
2007–2011   Deportivo Fabril 55(3)
2010–2015   Deportivo da Coruña 42(0)
2013–2013 cesión   Córdoba CF 13(0)
2015–2015 cesión   CD Lugo 9(0)
2015–2016   Ponferradina 17(0)
2017–2017   FC Dacia Chișinău 19(1)
2018–2021   Racing de Ferrol 98(6)
2021–   Pontevedra CF 27(2)

Diego Seoane Pérez, nado en Ourense o 26 de abril de 1988, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito, aínda que se pode desenvolver perfectamente pola esquerda. Dende 2021 milita no Pontevedra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña (2005-2015)

[editar | editar a fonte]

Chegou ao Deportivo da Coruña en 2005, procedente do Pabellón Ourense Club de Fútbol.[1] Xogou cedido durante a tempada 200708 no Ciudad de Santiago de Terceira División e ao ano seguinte volveu á Coruña, onde foi un fixo na aliñación do Fabril.[2]

Desde principios de 2010 contou con algunha convocatoria co primeiro equipo, debutando o 27 de xaneiro nun partido de Copa do Rei fronte ao Sevilla no Sánchez Pizjuán, onde foi titular.[3] Debutou en Primeira División da man de Lotina o 20 de marzo nun partido entre o Deportivo e o Real Valladolid en Riazor (0–2). En xuño de 2010 renovou o seu contrato por tres anos máis.[4] Na tempada 2010/11 alternou partidos do Fabril con partidos do primeiro equipo, xogando con este último 15 encontros, e viviu o descenso dos dous equipos nas súas respectivas categorías.

Na tempada 2011/12 subiu ao primeiro equipo de xeito oficial, pero contou con poucos minutos no ano do ascenso a Primeira. Na campaña seguinte foi apartado do primeiro equipo durante a primeira metade da campaña, pola súa negativa a renovar o contrato. Finalmente, o 28 de xaneiro de 2013 renovou por 3 campañas máis e marchou cedido ao Córdoba CF, en Segunda División, até o final da tempada.[5]

Na 2013/14 xogou 26 partidos co Deportivo, de novo en Segunda e con Fernando Vázquez no banco, logrando o ascenso e marcando o seu primeiro e único gol co equipo branquiazul, no partido de Copa fronte ao Córdoba, o seu equipo a tempada anterior.[6] Na seguinte tempada non contou con ningunha oportunidade co técnico Víctor Fernández, polo que en xaneiro marchou cedido ao CD Lugo.[7][8] Disputou só nove partidos co equipo lugués, debido a unha lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante máis de dous meses.[9] Ao remate da tempada rescindiuse o seu contrato co Deportivo, despois de case unha década no club.[10]

Ponferradina (2015-2016)

[editar | editar a fonte]

Poucos días despois fichou pola SD Ponferradina, en Segunda, club que acabou perdendo a categoría ao remate da campaña.[11]

Dacia Chișinău (2017)

[editar | editar a fonte]

Estivo sen equipo na primeira metade da tempada 2016/17 ata que en febreiro de 2017 marchou a Moldova para fichar polo FC Dacia Chișinău, co que se proclamou subcampión da liga moldova en maio, permanecendo no club unha tempada máis.[12]

Racing de Ferrol (2020-2021)

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2018 volveu a Galicia para fichar polo Racing Club de Ferrol, que loitaba por conseguir a permanencia en Segunda B, asinando polo que quedaba de tempada e dúas máis.[13] O equipo acabou por descender a Terceira, volvendo ascender ao ano seguinte, sendo Seoane un dos piares do equipo ao disputar case todos os minutos da tempada. Comezou a 2019/20 cunha lesión, e tras recuperarse foi titular en todos os partidos ata que a competición foi suspendida por mor da pandemia de COVID-19.[14]

Pontevedra (2021-)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2021 fichou polo Pontevedra, da Segunda División RFEF. Disputou 27 encontros co equipo pontevedrés, marcando dous tantos nunha goleada por 1-5 sobre o Arenteiro, e logrou o ascenso á Primeira División RFEF tras rematar campión.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo
Pontevedra
  1. Martínez Montero, Óscar (20 de xullo de 2015). "Diego Seoane se marcha de Riazor". Marca (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. Garrote, Pepe (11 de decembro de 2018). "Diego Seoane: "Solo nos vale ascender"". La Región (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  3. "Seoane: "En la Copa estuve bien y me dio confianza, ahora llega el debut en Liga"". Marca (en castelán). 19 de marzo de 2010. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  4. "Diego Seoane renueva tres temporadas con el Deportivo". La Información (en castelán). 2010-06-18. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2023. Consultado o 2021-02-19. 
  5. Gómez, Javier (23 de xaneiro de 2013). "Seoane acepta renovar con el Dépor y jugará en el Córdoba" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  6. "El Dépor se venga del Córdoba desde el punto de penalti". Marca (en castelán). EFE. 12 de setembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  7. D., P. (13 de xaneiro de 2015). "Chega Diego Seoane, vaise Samu de los Reyes". El Progreso. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  8. "Diego Seoane, cedido al Lugo hasta final de temporada". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  9. "Diego Seoane vuelve a jugar tras su lesión" (en castelán). 27 de abril de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  10. "O Real Club Deportivo e Diego Seoane alcanzan un acordo para rescindir o contrato do xogador" (en castelán). 20 de xullo de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  11. "Diego Seoane ficha por la Ponferradina" (en castelán). 21 de xullo de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  12. Barreiros, P. (12 de abril de 2017). "Diego Seoane da el salto en Moldavia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  13. "El Racing de Ferrol ficha al primer refuerzo, el lateral ourensano de 29 años Diego Seoane". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  14. "Diego Seoane no se pone fecha para volver". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]