[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Die Linke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Die Linke
A Esquerda
Partido político de Alemaña
Dirixentes e organización
LíderKatja Kipping e Bernd Riexinger
MocidadesLinksjugend Solid
Historia
Fundación16 de xuño de 2007
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático
Anticapitalismo
Antimilitarismo
Ecoloxismo
Representación
Bundestag
69 / 709
Landtags
157 / 1.821
Europarlamento
7 / 96
Outros datos
SedeBerlín, Alemaña,
PublicaciónNeues Deutschland
Na rede
www.die-linke.de
Facebook: linkspartei Twitter: dieLinke Instagram: dielinke Telegram: dielinke Tumblr: linkspartei Youtube: UCA95T5bSGxNOAODBdbR2rYQ TikTok: die.linke Flickr: 34289572@N06 Editar o valor en Wikidata
Katja Kipping e Bernd Riexinger

Die Linke (A Esquerda, en alemán) é un partido político alemán creado pola fusión de Linkspartei.PDS e a WASG o 16 de xuño de 2007.

Os presidentes do partido son Lothar Bisky, dirixente histórico do Linkspartei.PDS, e Oskar Lafontaine, expresidente do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). A Esquerda sitúase politicamente á esquerda de todos os demais partidos representados no Bundestag (parlamento federal alemán), denominando a súa ideoloxía como socialismo democrático. A finais de xullo de 2007, contou con algo máis de 70.000 membros, dos cales 60.000 procedían do Linkspartei.PDS, 9000 da WASG; outros 1500 entraron no partido durante os primeiros días despois da fusión.

A Esquerda é un dos partidos máis votados no leste de Alemaña, con representación en todos os parlamentos rexionais. No oeste está representada no parlamento de Bremen e, desde 2008, tamén en Hesse, Baixa Saxonia e Hamburgo.

A nivel europeo, o partido está afiliado na Esquerda Unitaria Europea.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

A Esquerda defende un "socialismo democrático", que define dunha forma máis radical que o SPD, rexeitando o "modelo capitalista da RFA". Segundo o propio partido, é a "única forza de esquerdas" no parlamento alemán.

En política exterior, defende un antimilitarismo radical, refugando todas as misións das Forzas Armadas Alemás (Bundeswehr) no estranxeiro (incluídas as misións de paz con mandato da ONU) e esixindo unha "superación" de alianzas como a OTAN.

De todos modos, dentro do partido existen varias tendencias, oscilando entre un comunismo radical e posicións máis reformistas que buscan unha cooperación coas forzas de centro-esquerda, SPD e Os Verdes.

A Esquerda é o resultado da fusión do Linkspartei.PDS —partido sucesor do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), o principal partido da RDA— e a Alternativa Electoral polo Traballo e a Xustiza Social (WASG), un pequeno partido escindido do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) en 2005. Mentres o Linkspartei estaba representado principalmente no leste do país, a WASG foi un partido maiormente occidental, con forte presenza de sindicalistas.

Nas eleccións federais de 2005, para as que o Linkspartei abriu as súas listas para os membros da WASG, esta coalición conseguiu o 8,7% dos votos e 54 escanos, converténdose na cuarta forza máis votada de Alemaña. Os dous partidos formaron un grupo conxunto no Parlamento Federal, presidido por Gregor Gysi (quen antes fora presidente do Linkspartei) e Oskar Lafontaine (dirixente da WASG). O 16 de xuño de 2007, finalmente, ratificouse a fusión oficial de ambos partidos.

Nas últimas eleccións ao Parlamento Alemán en 2013, Die Linke, acadaría un total do 8,6% dos votos conseguindo un total de 64 escanos no parlamento e case 3,6 millóns de votos. Die Linke perdería ao redor dun 3,3% dos votos e 12 escanos respecto aos resultados obtidos nas antereriores eleccións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]