[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Dióxido de carbono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dióxido de carbono
Fórmula estrutural
Modelo estrutural do dióxido de carbono
Xeral
Nome IUPAC Dióxido de carbono
Nomes comúns Anhídrido carbónico
Gas carbónico
Xeo seco (en estado sólido)
Fórmula química CO2
Aparencia gas incoloro
Número CAS 124-38-9
Físicas
Masa molecular 44,0 um
Punto de fusión 216 K (-57 °C) (presurizado)
Punto de ebulición sublima a 195 K (-78 °C)
Densidade 1,6 ×103 kg/m³ (sólido)
1,98 kg/m³ (gas a 298 K)
Solubilidade 0,145 g/100ml de auga
Termoquímica
ΔfH0gas -393,52 kJ/mol
ΔfH0sólido ? kJ/mol
S0gas 213,79 X·mol−1·K−1
S0sólido ? X·mol−1·K−1
Seguranza
Frases de Risco e Seguranza R: -
S:9, 23
Inxestión Pode causar náuseas, vómitos, hemorraxia gastrointestinal.
Inhalación Asfixia (sufocamento), causa hiperventilación.
Pel O xeo seco pode ocasionar ulceracións.
Ollos Pode levar á cegueira.
Máis información Hazardous Chemical Database
Salvo cando se especifica o contrario, considéranse as condicións normais de temperatura e presión.

O dióxido de carbono (antes anhídrido carbónico) é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descuberto polo escocés Joseph Black en 1754.

Características

[editar | editar a fonte]

É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos á parte da respiración humana. É un composto covalente.

Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289 %, a mediados do século XX do 0,03 % e a finais do mesmo século, do 0,035 %), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre o cambio climático.

O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias.

A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da IUPAC, aínda que se usa moito de xeito tradicional.

Os animais ao respiraren toman osíxeno da atmosfera e devólveno en forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do aire e utilízano na fotosíntese. Este proceso, denominado ciclo do carbono, é vital para a manutención dos seres vivos.

Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atraccións intermoleculares son moi débiles, tornándoo, en condicións ambientais, un gas. De aí o seu nome comercial gas carbónico.

O CO2, mantido en determinadas cantidades no aire atmosférico, é un dos gases responsábeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xeo. Por outro lado, un exceso de CO2 impide a saída da calor da atmosfera, provocando un quecemento do planeta denominado efecto invernadoiro. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico.

Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustibles fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao quecemento do planeta.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]
  • O CO2 é utilizado en bebidas (bebidas carbonatadas) para darlles efervescencia.
  • É utilizado en extintores durante os incendios para illar o osíxeno do combustible.
  • Inxerido pode causar irritación, náuseas, vómitos e hemorraxias no tracto dixestivo. Inhalado produce asfixia.
  • O xeo seco en contacto coa pel causa queimaduras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]