Derthona Basket
Bertram Tortona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Fundación | 1955 |
Refundación | 1965 |
Cores | Negro, Branco, laranxa |
Presidente | Marco Picchi |
Adestrador | Marco Ramondino |
Patrocinador | Iates Bertram |
Localización | |
Cidade | Tortona, Italia |
Pavillón | PalaFerraris |
Capacidade | 3 510 |
derthonabasket.it |
O A.S. Dil. Pol. Derthona Basket, actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Bertram Yachts Derthona Tortona, é un equipo de baloncesto profesional italiano de Tortona, localidade da provincia de Alessandria no Piemonte.[1] Fundado en 1955, o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano, despois de conseguir o ascenso desde a Serie A2 Basket na temporada 2020−21.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O Derthona Basket foi fundado en Tortona no ano 1955. En 1962, tan só catro anos despois de obter á filiación á FIP, o club disolveuse. En 1965 foi refundado como sección dun novo club polideportivo da cidade. Na temporada 2008−09, co equipo participando na Serie C2, o base internacional macedonio Petar Naumoski decide xogar no club, gañando o equipo o ascenso á Serie C1 invicto. Na temporada 2013−14, dirixidos no banco polo técnico Antonello Arioli, o Derthona é o protagonista dunha destacábel tempada, na que o equipo permanece no alto da táboa de principio a fin. Un dos momentos álxidos dese ano prodúcese o 19 de xaneiro de 2014, cando o euqipo vence no 61-83 no PalaDozza do Fortitudo Bologna. Ao acabar a fase regular, o equipo refernda os resultados nos play-off, onde consegue o ascenso á Serie A2 após gañar a Final Four Promotion contra o Legnano Basket Knights. Na seguinte temporada o equipo finaliza noveno na A2 Silver.
Na temporada 2015−16 o Derthona acaba no terceiro lugar do Grupo Oeste. Isto permite que o equipo dispute os play-offs de ascenso á Serie A, onde elimina ao Trieste por tres a dous na primeira rolda, mentres que na seguinte sucumbe ante o Brescia por tres a dous. Na seguinte temporada, a 2016−17, liderados por Demis Cavina, o equipo finaliza a tempada regular en segundo lugar, clasificándose para os play-offs. Alí vencen na primeira rolda á Mantovana por 3 a 2,[3] mais perden na en cuartos de final ante de Trieste por 3 a 1. Na seguinte campaña o equipo gaña o seu primeiro título oficial, a Copa de Italia da Serie A2, superando na final ao Ravenna por 89−57.[4] Nos play-offs o equipo cae esta vez na primeira roda por 3−1 ante o Udine. O 22 de outubro de 2018, após tres derrotas nas tres primeiras xornadas do campionato, o Derthona despediu a Lorenzo Pansa, sendo o novo adestrador do club Marco Ramondino. O 29 de setembro de 2019 o equipo gañou o seu segundo título oficial, a Supercopa da Serie A2, superando ao Basket Torino por 81−84. Na temporada 2020−21 o Derthona gañou os play-offs da A2 e conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto profesional, a Serie A, por primeira vez na súa historia.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Copa da Segunda División de Italia
- Campións (1): 2018
- Supercopa da Segunda División de Italia
- Campións (1): 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bertham Tortona". Lega Pallacanestro (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Petrucci, Angelo (29 de xuño de 2021). "Sanders al fotofinish porta Tortona in Serie A, vittoria a Torino in Gara 5" [Sanders leva ao Tortona á Serie A no último segundo, vitoria en Turín no 5º xogo]. Sportando (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021.
- ↑ "Ottavi Playoff A2 Citroën - Trieste e Tortona ultime qualificate ai quarti di finale" [Oitavos Playoff A2 Citroën - Trieste e Tortona últimos clasificados aos cuartos de final]. Lega Pallacanestro (en italiano). 12 de maio de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2021.
- ↑ Mariutto, Alberto (4 de marzo de 2018). "Basket, coppa Italia di A2: Tortona-Ravenna 89-57" [Basket, Copa Italia da A2: Tortona-Ravenna 89-57]. La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021.