[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Demografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gráfico da poboación mundial.

A demografía (do grego δῆμος dēmos 'pobo' e γραφία grafía 'trazo') é a ciencia que ten como obxectivo o estudo das poboacións humanas e que trata da súa dimensión, estrutura, evolución e características xerais, considerados desde un punto de vista cuantitativo. Xa que logo a Demografía estuda estatisticamente a estrutura e a dinámica das poboacións humanas e as leis que rexen estes fenómenos. Os datos demográficos adoitan expresarse nunha pirámide de poboación.

Como fontes para coñecer os datos demográficos úsanse os censos, as enquisas, os padróns, ou rexistro Civil. En Galicia o Instituto Galego de Estatística contabiliza a demografía. En España encárgase o Instituto Nacional de Estadística

Historia da demografía

[editar | editar a fonte]

En 1798 Thomas Robert Malthus, considerado o pai da Demografía, publicou a súa obra chamada "An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación)", na que advertía da tendencia constante do crecemento da poboación humana superior ao da produción de alimentos, e informou dos distintos factores que influían neste crecemento como son: a guerra, a fame, a enfermidade, a anticoncepción.

Pero Malthus equivocouse. A ciencia conseguiu que a produción de alimentos poida crecer ata a maior velocidade que a poboación, especialmente nos países industrializados, e moitos deles convertéronse en exportadores de produtos agrícolas (aínda que a aceleración na produción de alimentos trouxo consigo a aparición dos denominados produtos transxénicos, o cal podería afectar á poboación...). Pero o verdadeiro problema actual está, aínda que pareza paradoxal, na superprodución de alimentos, non porque non existan necesidades deles, especialmente nos países pobres, senón porque quen máis os necesitan non os poden adquirir.

Non hai que esquecer que a posibilidade de estudar a poboación nace coa estatística e a creación de censos regulares e universais. O intento de censar á poboación para coñecer o seu número, e recadar impostos, é moi antigo; desde os romanos á Idade Moderna hai noticias neste sentido. Pero as dificultades técnicas para un reconto rápido non permitían tales estudos. A pesar dos avances do século XX, a mesma situación preséntase en moitos países subdesenvolvidos ou con conflitos políticos e militares.

O estudo da poboación antiga faise por medio de fontes indirectas: series, décimos, recontos de lumes ou unha suposta densidade demográfica óptima, para poder vivir nun territorio, cando as poboacións estudadas son moi antigas.

Cando nos referimos a densidade demográfica falamos do número de individuos que viven por unidade de superficie, territorio estes poden ser denominados pais, provincia, distrito etc.

É importante facer unha síntese para poder saber correctamente o significado de demografía.

Tipos de demografía

[editar | editar a fonte]

Os dous tipos ou partes da Demografía están interrelacionados entre si e a separación é un tanto artificial, posto que o obxectivo de estudo é o mesmo: as poboacións humanas.

  • Demografía estática: É a parte da Demografía que estuda as poboacións humanas nun momento de tempo determinado desde un punto de vista de dimensión, territorio, estrutura e características estruturais.
  1. A dimensión é o número de persoas que residen normalmente nun territorio xeograficamente ben delimitado.
  2. O territorio é o lugar de residencia das persoas que pode globalizarse ou desagregarse como pode ser unha nación, rexión, provincia, cidade, municipio etc.
  3. A estrutura dunha poboación é a clasificación dos seus habitantes segundo variables de persoa. Segundo as Nacións Unidas estas variables son: idade, sexo, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, lingua falada, nivel de instrución, nivel económico e fecundidade.

A súa expresión son as táboas demográficas, que son os datos estatísticos numéricos e gráficos. Os administradores utilizan o censo total (real( cada dez anos) ou mostraxes (estimados) mensuais ou anuais). Teñen que estar deseñados de forma que non só se poidan establecer estatísticas descritivas, senón que tamén poidan realizarse análises demográficas cruzadas. Un exemplo son: soldos anuais e idades ou distribución por soldos, por clases sociais, na nación e nunha comunidade, por vivendas e familias etc. e tópicos xerais ou variables básicas son a riqueza, o poder e a mobilidade social.

Os datos estatísticos sobre as poboacións tamén son sometidos a análises predictores ou de futuro: interpolacións, extrapolacións, series de tempo, curva loxística, patróns de crecemento segundo tipo de sociedade, patróns de diminución por desastres naturais ou epidemias ou guerras etc.

Desde o século XIX descubriuse que o crecemento das poboacións segue a forma dunha S alongada, de crecemento rápido ou modelo exponencial, chega a un punto de inflexión e continúa cun crecemento suave e é un reflexo do paso dunha sociedade agrícola a industrial: diminución de nacementos e aumento da terceira idade.

Importancia da demografía

[editar | editar a fonte]
  • Na saúde pública:
  1. Elaboración de taxas e outros indicadores de saúde.
  2. Estudos en Epidemioloxía: Nos estudos epidemiolóxicos necesítanse datos da poboación e da súa distribución segundo características de persoa, lugar e tempo.
  3. Planificación da Saúde Pública.
  4. Planificación de produción alimentaria Alimentación humana.
  5. Plans xerais de Desenvolvemento : Nacionais ou Rexionais.
  6. Proxeccións das Poboacións para calquera propósitos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]