[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Delio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDelio Rodríguez
Biografía
Nacemento(es) Delio Rodríguez Barros Editar o valor en Wikidata
19 de abril de 1916 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Participou en
Vuelta a España Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEmilio Rodríguez
Manuel Rodríguez Barros
Aurita Rodríguez
Pastor Rodríguez Barros Editar o valor en Wikidata

Delio Rodríguez Barros, nado en Moreira (Ponteareas) o 19 de abril de 1916 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1994, foi un ciclista galego, profesional entre 1936 e 1950. É o corredor que obtivo máis vitorias de etapa na Vuelta Ciclista a España, con 38 vitorias no conxunto das súas participacións e con 32 días como líder de proba.

Após a súa retirada do ciclismo de elite, instalou en Vigo un establecemento de venda de material deportivo que prestaba grande atención ao ciclismo. Faleceu na súa casa de Vigo por mor dun cancro de próstata e foi soterrado en Ponteareas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira Vuelta a España, en 1936, rematou na posición 24. En 1941 participou de novo na proba como membro do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona. Conseguiu imporse en doce etapas, seis delas consecutivas, das vinte e dúas que tiña a proba.[2]

En 1942 militou na sección de ciclismo do Real Club Deportivo da Coruña canda Julián Berrendero, gañador final da proba, e con quen deixaría o club herculino en segundo posto na clasificación por equipos.[3]

En 1945 gañou a volta ciclista a Galicia e a Vuelta Ciclista a España, como líder xa desde a segunda etapa. A 1ª etapa de Madrid a Salamanca (212 km) replicaba a Vuelta a España de 1942, debido á superioridade de Berrendero. Despois dun ataque de Vicente Trueba no Alto de los Leones, replicou Berrendero, canda José Gándara Villegas e João Rebelo. No descenso, o portugués marchou só levando o seu avance a 3 minutos a 20 km da meta. Porén, o vento lateral freouno, e foi finalmente superado por Berrendero, Dalmacio Langarica, Juan Gimeno, Bernardo Capó e Miguel Gual. Xa en Salamanca, Berrendero gañou no sprint e conseguiu, grazas ás bonificacións, máis de 6 minutos sobre Delio.[4]

Na etapa seguinte (Salamanca - Cáceres), baixo unha fina chuvia e nunha estrada en malas condicións, pouco despois da saída destacáronse Rebelo, Olmos, Bailón, Antonio Montes e Delio. Pouco despois descolgáronse Montes e Rebelo, por picadas, e Olmos, por rotura de cadea. Delio e Bailón pasaron o alto de Béjar con 2' 43" sobre o pelotón. Ao final do descenso dobraron a súa vantaxe, sorprendidos da apatía do pelotón. A partir de aí, ambos corredores viron medrar a súa vantaxe até chegar aos 35" en Plasencia. A 30 km da meta, Bailón desfaleceu e Delio continuou só e gañou a etapa con 15" sobre Bailón e 30" sobre os outros favoritos. Así, Delio gañou a Vuelta desde a 2ª etapa e Berrendero focalizouse en bater a Rebelo no premio da montaña, feito que acadou. Ficou na xeral final en 2º posto, a 15" de Delio.[4]

En 1947 sumou oito etapas e foi líder os once primeiros días da carreira. Rematou no terceiro posto na xeral final.[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

1940

1941

1942

1943

1944

1945

1946

1947

1948

Resultados en grandes voltas e campionato do Mundo

[editar | editar a fonte]
Carreira 1936 1937 1938 1939 1940 1941 1942 1943 1944 1945 1946 1947
Giro de Italia - - - - - X X X X X - -
Tour de Francia - - - - X X X X X X X -
Vuelta a España 24º X X X X X X
Mundial en ruta - - - X X X X X X X - -

Adicóuselle unha rúa na vila de Ponteareas. Fálase del na novela de Camilo José Cela Viaje a La Alcarria (1948):

...aquí, Paco, al que le decimos el Piñón Libre. Este chico bien entrenado sería un Delio Rodríguez. [...] Carretero ya no es el que fue, lo vemos, y Delio..., pues mira, a fuerza de coraje, se va imponiendo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Os seus irmáns tamén foron ciclistas de competición, entre eles Emilio, Manuel, Pastor e Aurita. Esta última, ademais, foi unha das pioneiras no deporte de competición feminino galego. Outro irmán, José, foi xogador de fútbol, igual que o seu sobriño Rafael.[5]

  1. País, Ediciones El (1994-01-15). "Delio Rodríguez, ciclista gallego". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2016-04-19. 
  2. 2,0 2,1 "Delio Rodríguez vuelve a revivir. diariovasco.com". www.diariovasco.com. Consultado o 2016-04-19. 
  3. "Cen anos de Delio Rodríguez, o home das 38 etapas na Vuelta a España - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-04-19. 
  4. 4,0 4,1 "La galopada de Delio sentenció la Vuelta del 45". www.marca.com. Consultado o 2016-04-19. 
  5. Gutiérrez, Juan (21 de outubro de 2020). "Dos hermanos en el podio y un hijo futbolista". As (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]