[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Dai Jin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDai Jin
Biografía
Nacemento1388 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Hangzhou, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte1462 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Hangzhou, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteIndex of Ming Biographical Materials (en) Traducir, (p.916) Editar o valor en Wikidata
Dai Jì, Retorno tardío tras unha excursión de primavera, ca. 1400

Dai Jin (Tai Chin, en transcrición Wade-Gilles), nado en 1388 e finado en 1462, foi un pintor chinés da época da dinastía Ming.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Dai Jin naceu en Hangzhou, na provincia de Zhejiang. Comezou a súa actividade profesional como aprendiz de ebanisterías. Máis tarde aparece na corte do emperador Xuanzongs, onde figura coa profesión de pintor. A causa de intrigas palacianas, Dai tivo que regresar para a súa patria natal durante un tempo. A súa vida como pintor libre foi un fracaso, e Dai morreu, en 1462, completamente pobre.

Escola e caracteres

[editar | editar a fonte]

Dai Jìn figura como fundador da escola pictórica Zhe (nomeada así pola súa provincia nativa de Zhejiang), dentro da tradición da pintura académica da dinastía dos Song Merdionais. Entre os seus predecesores artísticos cóntanse entre outros Ma Yuan e Xia Kuai.

As súas pinturas paisaxísticas sobresaen pola súa atmosfera lírica, o estilo na captación do instante. son tamén característicos os contrastes e tons gráficos das texturas, observábeis en rochas, árbores e ramaxe. Un motivo repetido na súa obra son os botes de pescadores no río.

Obras (selección)

[editar | editar a fonte]

Pódense destacar os títulos seguintes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • James Cahill: Die Chinesische Malerei. Gante. Jin 1960, ASIN B0000BL9NB.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]