David Bruzos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1979 (45 anos) Ourense, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
David Bruzos Higuero, nado en Ourense o 9 de xuño de 1979, é un químico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2002) e Posgraduado en Física Aplicada pola Universidade de Vigo (2010). É profesor de Física e Química no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño.[1] Membro fundador de Saramaganta e vencellado ao colectivo Fuga en Rede, colaborou como voluntario internacional en Cisxordania.[2] Participou no proceso constituínte de Ourense en Común e foi elixido para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015 como cabeza de lista pola Provincia de Ourense.[3] Foi elixido deputado, sendo a primeira vez desde Senén Bernárdez que un deputado ourensán pertence a un partido distinto do PPdG ou o PSdeG.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Bruzos: "Sería una noticia fantástica poder sacarle un diputado al PP en la provincia de Ourense"". Faro de Vigo (en castelán). 4 de decembro de 2015.
- ↑ "Queremos conectar aos rapaces de Galicia e Palestina". La Voz de Galicia. 18 de maio de 2010.
- ↑ "En Marea apela ao 24M incluíndo nas súas listas varios membros de candidaturas cidadás". Praza Pública. 14 de novembro de 20.15