[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Guerras da Indochina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As guerras da Indochina (en vietnamita: Chiến tranh Đông Dương) foron unha serie de catro conflitos no sueste asiático dende 1946 ata 1979, entre nacionalistas vietnamitas e forzas francesas, norteamericanas e chinesas.

O termo "Indochina", orixinalmente referido ás colonias francesas no sueste asiático, abrangue os actuais estados de Vietnam, Laos e Camboxa. No seu uso corrente, fai referencia máis a unha rexión xeográfica que a unha rexión política. Os catro conflitos foron:

  • A primeira guerra da Indochina (chamada guerra da Indochina en Francia e guerra francesa en Vietnam) comezou nada máis rematar a segunda guerra mundial e finalizou coa derrota francesa en 1954. Tras unha longa campaña, as forzas vietnamitas impuxéronse sobre as forzas xaponesas e as da Francia de Vichy que se renderon no norte trala II guerra mundial. Durante a guerra mundial, o sur estivo ocupado por forzas británicas, que restableceron o goberno colonial francés. Nas Nacións Unidas, co apoio de ingleses e americanos, os franceses pediron a volta a súa colonia na Indochina na súa participación na OTAN en vista de que a Unión Soviética se estaba a expandir máis aló dos países do Pacto de Varsovia durante a guerra fría. As forzas comunistas e nacionalistas do Vietnam continuaron a loitar contra as forzas francesas e norteamericanas con apoio da URSS e da China.
  • A segunda guerra da Indochina (chamada guerra de Vietnam en occidente e guerra americana en Vietnam) comezou como un conflito entre un goberno apoiado polos Estados Unidos no sur de Vietnam e os seus opoñentes, o comunista Fronte de Liberación Nacional(Viet Cong) e o Exército do Norte de Vietnam (NVA), agora coñecido como o Exército da Xente de Vietnam (PAVN). Comezou a finais da década de 1950 e durou ata 1975. Os Estados Unidos, que apoiaron as forzas francesas no primeira guerra, apoiaron o goberno de Vietnam do Sur contra o NVA e o Viet Cong. Vietnam do Norte volveu a te-lo apoio chinés e soviético, ambos membros do Bloque comunista. A liorta tamén tivo como escenario parte de Camboxa e Laos, entre o goberno apoiado polos norteamericanos, o NVA e o comunista Khmer Rouge (coñecido pola guerra civil de Camboxa, entre 1967–1975) e Pathet Lao (coñecido pola guerra civil de Laos 1962–1975).
  • A guerra camboxano-vietnamita seguiu a segunda guerra da Indochina: Vietnam invadiu Camboxa e despoxou do poder o réxime xenocida dos Khmer vermellos. O conflito tivo lugar entre maio de 1975 e decembro de 1989.
  • A terceira guerra da Indochina (tamén chamada guerra sino-vietnamita) foi unha curta guerra entre febreiro e marzo de 1979 entre a República Popular da China e as forzas vietnamitas. China invadira Vietnam como castigo pola invasión de Camboxa.