Grindhouse
Grindhouse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Grindhouse |
Director | Robert Rodriguez (Planet Terror, Machete) Quentin Tarantino (Death Proof) Rob Zombie (Werewolf Woman of the SS) Edgar Wright (Don't) Eli Roth (Thanksgiving) Jason Eisener (Hobo with a Shotgun) |
Produtor | Elizabeth Avellan Erica Steinberg Robert Rodriguez Quentin Tarantino |
Guión | Robert Rodriguez (PT) Quentin Tarantino (DP) |
Intérpretes | Rose McGowan Freddy Rodriguez Josh Brolin Marley Shelton Kurt Russell Rosario Dawson Mary Elizabeth Winstead Zoë Bell Vanessa Ferlito Naveen Andrews Fergie Bruce Willis |
Música | Robert Rodriguez (PT) Graeme Revell (PT) |
Fotografía | Robert Rodriguez (PT) Quentin Tarantino (DP) |
Montaxe | Robert Rodriguez (PT) Sally Menke (DP) |
Estudio | Troublemaker Studios The Weinstein Company |
Distribuidora | Dimension Films Vivendi Entertainment |
Estrea | 2007 |
Duración | 191 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, Terror |
Orzamento | $53 000 000[1][2] |
Recadación | $25 422 088 |
Na rede | |
http://www.grindhousemovie.net | |
sen valor |
Grindhouse é un filme de acción e terror que se estreou en dúas partes no 2007. Foi coescrito, producido e dirixido por Robert Rodriguez e Quentin Tarantino. A dobre estrea débese ós dous segmentos nos que se compón, o Planet Terror de Rodriguez e o Death Proof de Tarantino. Os segmentos están divididos por trailers ficticios de atraccións e por anuncios. O elenco conxunto do filme inclúe a Rose McGowan, Freddy Rodriguez, Michael Biehn, Jeff Fahey, Josh Brolin, Marley Shelton, Naveen Andrews, Fergie, Bruce Willis, Kurt Russell, Rosario Dawson, Tracie Thoms, Mary Elizabeth Winstead e Zoë Bell.
Planet Terror
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Planet Terror.
Nun pobo rural de Texas, a bailarina de striptease Cherry Darling decide abandonar o seu traballo e atopar outro no que poida usar os seus numerosos "talentos inútiles". Encóntrase co seu misterioso ex-mozo El Wray no Bone Shack, o restaurante propiedade de J.T. Hague. Mentres tanto, un grupo de militares, liderados polo demente Tenente Muldoon, fan negocios cun científico chamado Abby para adquirir cantidades industriais do axente bioquímico mortal coñecido como DC2. Muldoon descobre que Abby tiña máis DC2 do que dicía e ameázao con quitarllo. Abby libera intencionalmente o gas polo aire. O gas chega ó pobo e volve ós habitantes en criaturas grotescas e devoradores de homes, chamadas "sickos" polos humanos superviventes. Os veciños afectados son tratados polo sinistro Doutor William Block e a súa maltratada muller e anestesista Dakota. Como os pacientes se volven axiña violentos, Cherry e El Wray lideran un equipo de guerreiros improvisados para atopar un lugar seguro.
- Elenco
- Rose McGowan como Cherry Darling
- Freddy Rodriguez como El Wray
- Josh Brolin como Dr. William Block
- Marley Shelton como Dr. Dakota Block
- Jeff Fahey como J.T. Hague
- Michael Biehn como Sheriff Hague
- Bruce Willis como Tenente Muldoon
- Naveen Andrews como Dr. John "Abby" Abbington
- Rebel Rodriguez como Tony Block
- Michael Parks como Earl McGraw
- Nicky Katt como Joe
- Fergie como Tammy Visan
- Quentin Tarantino como Lewis
- Tom Savini como Deputado Tolo
Death Proof
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Death Proof.
Tres amigas – Arlene, Shanna e a disc jockey da radio "Jungle" Julia Lucai pasan a noite en Austin, Texas celebrando o aniversario de Julia, sen saber que son seguidas por un home misterioso nun Chevy Nova do 71. O home, Stuntman Mike, persegue as tres mozas co seu "death proof car" e acaba por matalas. Catorce meses despois, Stuntman Mike, agora en Tennessee e conducindo un Dodge Charger do 69, segue a outro grupo de mulleres – Lee, Abernathy, Kim e a stuntwoman Zoë cuxo Dodge Challenger do 70 proba ser un adversario digno
- Personaxes
- Kurt Russell como Stuntman Mike
- Rosario Dawson como Abernathy
- Vanessa Ferlito como Arlene "Butterfly"
- Jordan Ladd como Shanna
- Rose McGowan como Pam
- Sydney Tamiia Poitier como "Jungle" Julia Lucai
- Zoë Bell como Zoë
- Tracie Thoms como Kim
- Mary Elizabeth Winstead como Lee Montgomery
- Quentin Tarantino como Warren
- Michael Parks como Earl McGraw
- James Parks como Edgar Mcgraw
- Nicky Katt como Home do contador
- Marley Shelton como Dr. Dakota Block
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Blades' Stays on Top With $23 Million". Yahoo. 2007-04-08.
- ↑ Nashawaty, Chris (March 30, 2007). "Bloodbath and Beyond". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o May 12, 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Robert Rodriguez
- Filmes dirixidos por Quentin Tarantino
- Filmes dirixidos por Eli Roth
- Filmes dirixidos por Edgar Wright
- Filmes producidos por Elizabeth Avellán
- Filmes producidos por Robert Rodriguez
- Filmes con banda sonora de Tyler Bates
- Filmes de The Weinstein Company
- Filmes de Dimension Films
- Filmes de Troublemaker Studios
- Filmes apocalípticos
- Filmes sobre asasinos en serie
- Filmes de zombis
- Filmes ambientados en Texas
- Filmes ambientados en Massachusetts